- No primeiro semestre de 2023, Mercadona doou o equivalente a 174.200 carros da compra.
- A compañía colabora con máis de 650 entidades sociais de toda España e Portugal, o que supón un incremento de 140 entidades respecto ao exercicio 2022.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, doou máis de 10.500 toneladas de produtos de primeira necesidade no que vai de ano; e ampliou a rede de entidades sociais coas que colabora, tanto en España como en Portugal.
Vídeo en español
As doazóns, que son o equivalente a 174.200 carros da compra, foron destinadas ás máis de 650 entidades sociais de España e Portugal coas que a compañía colabora. De feito, nos últimos 6 meses, Mercadona ampliou a súa rede de colaboración sumando 140 novas entidades sociais de diversas zonas xeográficas tanto en España como en Portugal, o que mellorou considerablemente a vertebración da axuda que ofrece a compañía.
Documento en español
Listado entidades sociales con las que colabora Mercadona
Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o seu Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas sostibles de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Por exemplo, colabora intensamente con 27 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 800 persoas con distintos graos de discapacidade.
Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a produción sostible e benestar animal e a xestión de residuos e redución de plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.
Mercadona é socia dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.