- Mariola Pérez, conta neste vídeo a súa experiencia como Coordinadora en Mercadona tras o seu ascenso e proceso de formación de seis meses na compañía.
Vídeo en español
Mariola, traballadora de Mercadona, foi recentemente ascendida a Coordinadora de Almacén no Bloque Loxístico de Ciempozuelos, en Madrid, tras 12 anos na compañía como operaria de loxística no mesmo centro.
Mariola conta como é o seu traballo como coordinadora de Mercadona e como foi a experiencia de formación de seis meses na empresa.
Mariola di que, como coordinadora de Mercadona, o que máis valora da política de recursos humanos da compañía é o trato ao traballador, a fixeza e que o horario para os traballadores de Mercadona sexa coñecido, o que permite conciliar a vida laboral e persoal.
Promoción interna para traballadores e traballadoras de Mercadona
Como Mariola, máis de 700 traballadores e traballadoras de Mercadona ascenden ao ano na compañía a novas e maiores responsabilidades. Ademais, Mercadona non admite ningún tipo de discriminación por razón de sexo ou outra condición. Un feito é que, destas persoas ascendidas en 2017, un 47% foron mulleres e un 53%, homes.
Esta proxección profesional elévase ata o máximo expoñente, xa que todos os directores xerais que compoñen o Comité de Dirección de Mercadona son froito da promoción interna.
Formación para traballadores e traballadoras de Mercadona
Outro exemplo da aposta de Mercadona polas persoas é a formación. En 2017 a compañía investiu 65 millóns de euros, formou máis de 40.500 persoas en plans de formación específicos. Esta aposta permite dispoñer dun equipo unido e enfocado cara á máxima excelencia no servizo. Por iso, Mercadona conta cun cadro de persoal de alto rendemento e un dos mellores recursos humanos do sector, que permitiron alcanzar os obxectivos marcados e consolidar o crecemento futuro.
A compañía quixo recoñecer a traxectoria de Mariola, Coordinadora de Mercadona no Bloque Loxístico de Ciempozuelos en Madrid, como exemplo que ilustra o esforzo e a ilusión de todos os que forman parte do Proxecto Mercadona e da aposta pola formación e promoción das persoas.
Condicións laborais en Mercadona
Mercadona ten unha política de Recursos Humanos propia baseada no emprego estable e de calidade e en ofrecerlles ás persoas valores como a equidade, igualdade ou diversidade, entre outros valores.
Estas condicións laborais de Mercadona permiten dispoñer dun equipo de persoas altamente motivadas e aliñadas co proxecto común. Outro exemplo é o de Rosario, traballadora de Mercadona que acaba de xubilarse e que compartiu a súa vida laboral con nós.
O modelo de Recursos Humanos de Mercadona foi recoñecido pola Organización Internacional do Traballo (OIT) das Nacións Unidas. Ademais, Mercadona é a primeira empresa do sector na clasificación Merco Talento.