Mariola, traballadora de Mercadona recentemente ascendida a coordinadora de almacén

Mariola, coordinadora de Mercadona recentemente ascendida conta a súa historia

17 de maio de 2018
  • Mariola Pérez, conta neste vídeo a súa experiencia como Coordinadora en Mercadona tras o seu ascenso e proceso de formación de seis meses na compañía. 

Vídeo en español

Mariola, traballadora de Mercadona, foi recentemente ascendida a Coordinadora de Almacén no Bloque Loxístico de Ciempozuelos,  en Madrid, tras 12 anos na compañía como operaria de loxística no mesmo centro.  

Mariola conta como é o seu traballo como coordinadora de Mercadona  e como foi a experiencia de formación de seis meses na empresa.

Mariola di que, como coordinadora de Mercadona, o que máis valora da política de recursos humanos da compañía é o trato ao traballador, a fixeza e que o horario para os traballadores de Mercadona sexa coñecido, o que permite conciliar a vida laboral e persoal.

Promoción interna para traballadores e traballadoras de Mercadona

Como Mariola, máis de 700 traballadores e traballadoras de Mercadona  ascenden ao ano na compañía a novas e maiores responsabilidades. Ademais, Mercadona non admite ningún tipo de discriminación por razón de sexo ou outra condición. Un feito é que, destas persoas ascendidas en 2017, un 47% foron mulleres e un 53%, homes.

En 2017 ascenderon un total de 741 traballadoras e traballadores de Mercadona

Esta proxección profesional elévase ata o máximo expoñente, xa que todos os directores xerais que compoñen o Comité de Dirección de Mercadona son froito da promoción interna.

Formación para traballadores e traballadoras de Mercadona

Outro exemplo da aposta de Mercadona polas persoas é a formación. En 2017 a compañía investiu 65 millóns de euros, formou máis de 40.500 persoas en plans de formación específicos. Esta aposta permite dispoñer dun equipo unido e enfocado cara á máxima excelencia no servizo.  Por iso, Mercadona conta cun cadro de persoal de alto rendemento e un dos mellores recursos humanos do sector, que permitiron alcanzar os obxectivos marcados e consolidar o crecemento futuro.

En 2017 formáronse en plans específicos un total de 40.564 traballadores de Mercadona

A compañía quixo recoñecer a traxectoria de Mariola, Coordinadora de Mercadona no Bloque Loxístico de Ciempozuelos  en Madrid, como exemplo que ilustra o esforzo e a ilusión de todos os que forman parte do Proxecto Mercadona e da aposta pola formación e promoción das persoas.

Condicións laborais en Mercadona

Mercadona ten unha política de Recursos Humanos propia baseada no emprego estable e de calidade e en ofrecerlles ás persoas valores como a equidade, igualdade ou diversidade, entre outros valores.

Estas condicións laborais de Mercadona permiten dispoñer dun equipo de persoas altamente motivadas e aliñadas co proxecto común. Outro exemplo é o de Rosario, traballadora de Mercadona que acaba de xubilarse e que compartiu a súa vida laboral con nós.

O modelo de Recursos Humanos de Mercadona foi recoñecido pola Organización Internacional do Traballo (OIT) das Nacións Unidas. Ademais, Mercadona é a primeira empresa do sector na clasificación Merco Talento.