Novo supermercado eficiente de Mercadona en Tías (Lanzarote)

Las Palmas - Mercadona inaugura un supermercado eficiente en Puerto del Carmen

04 de agosto de 2022
  • Conta con 55 traballadores con emprego de calidade e realizouse un investimento para a súa construción de 3,2 millóns de euros na que participaron 35 provedores, que lle deron emprego a máis de 150 persoas durante a fase de obras.
  • Esta tenda sostible inaugúrase co novo modelo de tenda eficiente, que optimiza o acto de compra dos clientes e permite reducir ata un 40 % o consumo enerxético. Ademais, tamén se incorpora á rede de Tendas 6.25 para a redución do plástico e do impulso da economía circular.
  • Con esta nova apertura, a compañía ten 86 supermercados en Canarias, 59 dos cales xa teñen implantado o novo modelo de tenda eficiente.

Mercadona abre hoxe un cuarto supermercado eficiente en Lanzarote, concretamente no centro comercial La Perla de Puerto del Carmen (Tías) tras un investimento de 3,2 millóns de euros. Conta con 55 traballadores e na súa construción participaron 35 provedores que deron emprego a máis de 150 persoas durante a fase de obras.

O supermercado incorpora novidades en todas as súas seccións. Por exemplo, dispón de lineais específicos de leite fresco e zumes refrixerados, chacinería con xamón cortado con coitelo e envasado, unha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, un servizo de zume de laranxa acabado de espremer, especialidades de sushi, sección de forno con rebandadora de pan e pastelería refrixerada ou unha exposición na peixería para os produtos de cuncha, entre outras novidades.

Así mesmo, esta nova tenda conta coa nova sección “Listo para Comer”, que ofrece pratos listos para consumir que se serven en envases fabricados con materiais naturais, como a cana de azucre (material compostable), o cartón ou o papel, e unha área de descanso na propia tenda con cadeiras e mesas onde os “Xefes” poden consumir o prato acabado de preparar e acompañalo con bebidas frías.

Tamén dispón dunha entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos e un novo modelo de carro da compra e de carro tipo cesta moito máis ergonómico e lixeiro.

Esta nova xeración de supermercado eficiente ten unha superficie de sala de vendas de 1.636 metros cadrados e dispón dun deseño totalmente renovado respecto ao modelo de tenda anterior, con novas cores e materiais na distribución das distintas seccións. Aposta tamén por espazos amplos e diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Aforro enerxético: tenda ecoeficiente

En canto ao aspecto medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40 % o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, como a mellora do illamento térmico e acústico coa optimización dos materiais e o grosor de paredes e teitos, e novos armarios de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio ambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día para unha xestión enerxética moito máis eficiente.

O horario de apertura do supermercado é de luns a sábado, de 9:00 a 21:00 horas de outubro a maio (horario de inverno) e de 9:00 a 22:00 horas de xuño a setembro (horario de verán). Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra en liña a través do sitio web www.mercadona.es.

Con esta nova apertura, os clientes beneficiaranse da súa coñecida política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de maneira exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Así, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes, con independencia de quen fabrique o produto, unha oferta eficaz coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Tecnoloxía e Ergonomía para as traballadoras e traballadores de Mercadona

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa que desenvolveu en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado e uns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Ademais, esta nova tenda eficiente está completamente conectada tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaboradoras para os traballadores, cos que se pode compartir información dende calquera sección da tenda; isto facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos, encóntranse, entre outros, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. Todo iso permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, o que facilita a toma de decisións e contribúe a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos.

Mercadona en Canarias

Mercadona pechou o exercicio 2021 cun volume de compras en Canarias que alcanza os 514 millóns de euros, cifra que reflicte a aposta sostida polo tecido produtivo canario. A compañía finalizou 2021 cun cadro de persoal de 4.637 persoas, todas elas con contratos estables e de calidade.

En canto ao novo modelo de tenda eficiente, empezou a implantalo en Canarias en 2017 coa reforma do supermercado situado no Centro Comercial e de Ocio 7 Palmas, no municipio de Las Palmas de Gran Canarias. A día de hoxe, a compañía ten 86 supermercados nesta comunidade, 59 dos cales xa dispoñen do novo modelo.

Entrada do supermercado eficiente de Tías (Lanzarote)Entrada do supermercado eficiente de Tías (Lanzarote).

Imaxe de cabeceira: Fachada tenda de Mercadona en Tías (Lanzarote).