Laranxas de proximidade en Mercadona

Laranxas de orixe nacional en Mercadona

07 de novembro de 2019
  • Dende novembro ata o mes de agosto de 2020, podes encontrar laranxas de proximidade procedentes da Comunitat Valenciana, Andalucía, Región de Murcia, Catalunya e Canarias, segundo a zona da túa tenda.
  • Mercadona prevé comprar 230.000 toneladas de laranxas de proximidade a máis de 2.000 provedores locais de cítricos durante a campaña 2019-2020.

Xa podes encontrar na sección de Froita e Verdura de Mercadona laranxas de orixe nacional. Dende o comezo de novembro ata o próximo mes de agosto de 2020, Mercadona contará con laranxas da Comunitat Valenciana, Andalucía, Región de Murcia, Catalunya e Canarias, segundo a zona da túa tenda, tanto en malla como a granel.

Para a campaña 2019-2020, Mercadona prevé comprar 230.000 toneladas de laranxas a 2.000 provedores locais de cítricos. As primeiras laranxas da tempada son as da variedade Navelina, ás que máis tarde se sumarán as laranxas das variedades Navel/Navelate, Lane-Late, Lane-Late Powell e Valencia-Late.

Ao principio da tempada esta froita presenta un toque de acidez e, a medida que avanza a campaña, aumenta a dozura. Ademais, todas as laranxas de Mercadona ofrecen a máxima frescura e o punto óptimo de maduración, grazas á loxística sostible da empresa que permite transportar as laranxas de forma eficiente no menor tempo posible.

Diferentes variedades de laranxas en Mercadona

Mercadona ofrece diferentes formatos para consumir a laranxa e beneficiarse desta froita chea de antioxidantes naturais e Vitamina C:

  • Laranxas a granel.
  • Laranxas en malla de 3 kg.
  • Laranxas en malla de 6 kg.
  • Servizo de zume de laranxa acabado de espremer. Neste servizo, a entrada de laranxa de orixe local é máis tardía, xa que se vai incorporando progresivamente dende o mes de novembro garantindo igualmente unha laranxa de gran sabor e calidade.  

Vídeo en español:

Orixe das laranxas de proximidade de Mercadona

Grazas aos acordos de Mercadona con máis de 2.000 provedores locais de cítricos, a compañía ofrece, tanto nas súas tendas como no servizo en liña e de telecompra, laranxas de orixe nacional dende novembro ata o mes de agosto do seguinte ano.

Unha vez que se esgota a produción da laranxa local, impórtanse laranxas doutras orixes. Un feito que unicamente acontece durante dous meses do ano, dende setembro ata o mes de novembro aproximadamente, polo que máis do 90% do total das laranxas de Mercadona á venda son de orixe local, poñendo en valor o produto nacional e apostando pola laranxa de proximidade.

En 2018 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 18.600 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.000 agricultores, 12.000 pescadores e 5.500 gandeiros.

Mercadona súmase á campaña do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación "Froita e Verdura de aquí e de agora" que recomenda o consumo de froita e verdura de maneira regular.