Día do Celíaco. Cada día en Mercadona

Día do celíaco. Cada día en Mercadona

16 de maio de 2023
  • O compromiso de Mercadona cos “Xefes” (clientes) que padecen intolerancias ou alerxias alimentarias ao glute é un feito que demostra cada día dende hai 23 anos.
  • A compañía ofrece máis de 1.550 produtos aptos e accesibles para celíacos nos seus lineais, cifra que vai subindo cada ano

Este 16 de maio, Mercadona únese ao Día Internacional do Celíaco para facer visible esta enfermidade e continuar co seu propósito de ser unha empresa que a sociedade queira que exista. O compromiso da compañía cos “Xefes” (clientes) que padecen intolerancias ou alerxias alimentarias ao glute é un feito que demostra cada día.

Actualmente Mercadona ofrece máis de 1.550 produtos sen glute Hacendado e segue ampliando a súa oferta cada ano. Unha oferta que é facilmente identificable, por parte dos clientes celíacos, a través do logo sen glute incluído na gran maioría dos produtos de marca propia.

Para poder coñecer de primeira man as inquietudes deste colectivo, clave á hora de definir a súa oferta, e fiel ao seu compromiso de traballar en dar resposta ás súas necesidades, Mercadona colabora dende hai 23 anos coas diferentes asociacións que representan ás persoas celíacas, tanto de ámbito nacional, como a Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE), Celíacs de Catalunya (SMAP), a Asociación de Celíacos e Sensibles ao Glute (ACSG) e a Asociación Española de Persoas con Alerxia a Alimentos e Látex (AEPNAA), como de ámbito autonómico.

Con elas e froito do dialogo e a cooperación, a compañía participa en accións formativas e informativas co obxectivo de axudar a coñecer mellor a enfermidade celíaca no ámbito social. Algúns exemplos desta participación son:

  • A edición de contos e guías de consulta para axudar a coñecer mellor o colectivo celíaco e así poder satisfacer mellor as necesidades deste colectivo.
  • A participación en sesións de coinnovación, obradoiros formativos e xornadas organizadas polas diferentes asociacións.  

Infografía en español

Día del Celíaco. Cada día en Mercadona

Celiaquía: 2 % da poboación, 100 % de implicación

Mercadona está comprometida coa comunidade celíaca e segue traballando para ofrecer unha ampla variedade de produtos sen glute sendo fieis ao lema de ofrecer a máxima calidade ao menor prezo posible sempre.

Vídeo en español

Para desenvolver esta oferta sen glute, Mercadona conta con máis de 200 provedores especialistas que traballan día a día na elaboración e mellora destes produtos, garantindo a súa calidade non só dende o punto de vista organoléptico, senón tamén garantindo a súa seguridade alimentaria, unha composición nutricional o máis equilibrada posible e sendo ademais respectuosos co medio ambiente.

Produtos sen glute de Mercadona

Coñece máis sobre os produtos sen glute Hacendado cos que poder facer diferentes receitas.