Interior da Colmea do servizo en liña de Mercadona

A nova compra en liña de Mercadona chega a Jerez de la Frontera

03 de xaneiro de 2023
  • Os clientes en liña poderán realizar a súa compra de forma máis intuitiva a través da nova web e app, que permite localizar os produtos a través de categorías ou facendo uso dun buscador.
  • A primeira plataforma de Mercadona dedicada en exclusiva á venda en liña en Andalucía, chamada internamente Colmea, está situada en Sevilla.

Mercadona lanzou hoxe o novo servizo de compra en liña en Jerez de la Frontera (Cádiz). Os pedidos prepararanse e enviaranse aos seus clientes dende a Colmea, como internamente a compañía denomina as plataformas destinadas ao servizo en liña.

Dende esta Colmea, situada na zona de Higuerón Sur en Sevilla, dáse servizo dende o mes de decembro a Sevilla e Huelva, chegando agora ao municipio de Jerez de la Frontera, incluídos os códigos postais 11401, 11402, 11403, 11404, 11405, 11406, 11407, 11408, 11591 e 11593 que se irán ampliando.

Desta maneira, todos os clientes en liña desta zona poden realizar xa a súa compra de forma intuitiva a través da nova web e app, permitindo localizar os produtos a través de categorías ou facendo uso dun buscador. O cliente dispoñerá de fotos de cada produto, con toda a información relevante relativa a este.

Este novo modelo mantén a mesma tarifa que o servizo anterior (7,21 €/pedido) e amplía o horario de entrega de 7:00 a 22:00 horas de luns a sábado en tramos de 2 horas a partir do día seguinte de facer o pedido. Ademais, o cliente pode modificar a súa compra ata a noite do día anterior á súa entrega.

Investimento de 25 millóns de euros

Este novo centro de distribución supuxo un investimento total de 25 millóns de euros (cifra que inclúe a adquisición da parcela en licitación pública) e, sobre unha parcela de 30.220 m2, ten unha superficie de 9.938 m2 dos cales, 1.850 m2 están destinados a produtos frescos, incluída unha área de almacenamento en frío para produtos refrixerados e conxelados. Os produtos frescos recíbense e prepáranse o mesmo día de entrega ao cliente en liña, polo que se garante a máxima calidade e frescura.

Sostibilidade e eficiencia

Mercadona conta na Colmea de Sevilla con 30 vehículos con etiqueta ambiental ECO, todos microhíbridos, que poden transportar ata 15 pedidos. Estes foron deseñados exclusivamente con 3 zonas de temperatura adaptadas a cada tipo de produto: temperatura ambiente, refrixerado e conxelado. Ademais, incorporan un sistema de descarga mecanizado que minimiza a manipulación da carga, coa redución conseguinte de sobreesforzos para os traballadores e a diminución do tempo de descarga.

Por outro lado, ao longo da superficie da súa cuberta instaláronse 648 paneis fotovoltaicos. Con eles, a Colmea autoabastécese no seu consumo de enerxía diario. Inclúense melloras nas instalacións como optimizacións dos corredores para que os percorridos dos traballadores se realicen en menos pasos. Adicionalmente, deseñouse a entrada e saída de vehículos de forma eficiente e disponse de 2 peiraos de tráiler mellorando o proceso de aprovisionamento.

Exterior Colmea Mercadona Online en SevillaExterior da Colmea de Mercadona.

Traballador de Mercadona Online preparando pedidos en liñaTraballador de Mercadona Online preparando pedidos en liña.

Interior Colmea Sevilla de Mercadona OnlineInterior da Colmea de Mercadona.

Vehículos repartición saíndo dende a Colmea SevillaFurgoneta de repartición saíndo dende a Colmea.

Imaxe de cabeceira: Traballador de Mercadona Online preparando pedidos en liña.