Barra 99% Cacao de Hacendado en Mercadona

A nova barra 99% Cacao de Hacendado vende máis de 8.000 unidades ao día

16 de septembro de 2020
  • Os ingredientes son unicamente pasta de cacao, cacao en po e manteiga de cacao, sen azucres nin edulcorantes engadidos.
  • O produto está en toda a cadea de supermercados dende o verán de 2020 e é o resultado dun proceso de coinnovación coa colaboración dos “Xefes” (clientes).
  • O Provedor Totaler Imperial Produtos Alimentares produce estas barras no seu centro de Azurara (Portugal).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, sumou á súa oferta a barra 99% Cacao de Hacendado, da que vende máis de 8.000 unidades diarias tras a súa distribución por toda a cadea dende o verán de 2020.

O produto foi desenvolvido cos “Xefes” (clientes) nos centros de coinnovación de Mercadona. Escoitando as súas preferencias, os ingredientes utilizados son unicamente pasta de cacao, cacao en po e manteiga de cacao, sen azucres nin edulcorantes engadidos.

A empresa Imperial Produtos Alimentares é o Provedor Totaler desta nova barra 99% Cacao de Hacendado, que se elabora en formato de 100 gramos no centro que a compañía ten en Azurara de Vila do Conde (Portugal).

A nova barrra 99% Cacao de Hacendado, no lineal de MercadonaA nova barra 99% Cacao de Hacendado, no lineal de Mercadona.

Logo EActiVate