Logo supermercado Mercadona Narón na Coruña

A Coruña - Mercadona abre un novo supermercado en Narón tras un investimento de 4 millóns de euros

23 de maio de 2024
  • Ten unha superficie de venda de 1.750 metros cadrados e un aparcadoiro de 205 prazas, 140 cubertas e 7 delas para vehículos eléctricos.
  • Incorpora a sección ‘Listo para Comer’ cun espazo con cadeiras e mesas no que os ‘Xefes’ (clientes) poderán consumir os pratos preparados e as bebidas frías.
  • Trátase dunha tenda eficiente, que optimiza o acto de compra e reduce ata un 40 % o consumo enerxético.
  • A obra, na que participaron 40 provedores, deu emprego a máis de 150 persoas na fase de execución.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, abre un novo supermercado eficiente en Narón, concretamente na Estrada de Cedeira, 296. Supuxo un investimento duns 4 millóns de euros e a participación de 40 provedores, que deron emprego a 150 persoas durante a fase de obras.

O novo supermercado, que ten unha superficie de vendas de 1.750 metros cadrados, incorpora a sección ‘Listo para Comer’. Nela os ‘Xefes’ (clientes) poderán gozar de bebidas frías e pratos listos para consumir servidos en envases fabricados con materiais naturais, como a cana de azucre (material compostable), o cartón ou o papel.

A tenda conta cun aparcadoiro de 205 prazas das que 140 son cubertas e 7 delas para vehículos eléctricos e dispón, entre outras melloras, dunha nova entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos ou unha área de descanso con cadeiras e mesas onde os clientes poden consumir o prato acabado de preparar e acompañalo con bebidas frías.

Con esta inauguración, dos 62 supermercados de Mercadona en Galicia xa son 53 os que teñen implantado este modelo eficiente. Trátase de tendas que contan con espazos máis amplos e diáfanos, que facilitan a entrada de luz natural, ademais de novas cores e materiais tanto na fachada exterior de acceso como na distribución das distintas seccións.

Aforro enerxético e redución de dióxido de carbono

En canto ao aspecto medioambiental, tomáronse varias medidas que permiten reducir ata un 40 % o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, como a mellora do illamento térmico e acústico coa optimización dos materiais e o grosor de paredes e teitos ou novos mobles de conxelado máis eficientes. Conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día para unha mellor xestión.

Outra das medidas é a colocación de 418 módulos fotovoltaicos cos que seguir avanzando cara ao autoconsumo e á descarbonización, porque unha tenda de Mercadona con paneis solares aforra aproximadamente un 20 % do seu consumo enerxético anual respecto a unha tenda sen enerxía fotovoltaica instalada; isto supón unha redución aproximada de 30 toneladas de CO2 por supermercado.

Co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores (38, dos que 13 son novas contratacións), este novo supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso.

Responsabilidade Social

Dentro do seu plan de acción social, Mercadona desenvolve un importante labor de apoio ás diferentes entidades sociais que axudan aos colectivos máis desfavorecidos, que se traduciu durante 2023 en 1.476 toneladas de produtos de primeira necesidade doados a comedores sociais e outras institucións galegas como Bancos de Alimentos, Cruz Vermella ou Cáritas. Dende este supermercado, a compañía doará a diario ao Banco de Alimentos Rías Altas na delegación de Ferrol produtos de primeira necesidade, como carne, froita, verdura, peixe ou lácteos, que son aptos para o seu consumo, pero non para a venda; contribuirá desta maneira ao labor solidario que a entidade desenvolve na comarca.

Listo para Comer de Mercadona en Narón (A Coruña)Sección de Listo para Comer do novo supermercado de Mercadona en Narón (A Coruña).

Nova tenda de Mercadona en Narón (A Coruña)Interior da nova tenda eficiente de Mercadona en Narón, na Coruña.