Aprende a limpar o teu rostro correctamente con este vídeo-titorial.

Video-titorial para unha limpeza facial perfecta

26 de febreiro de 2020

Gustaríache ter a pel do teu rostro limpa e radiante? A limpeza facial é unha rutina de beleza básica para ter a cute perfecta e libre de impurezas. Non obstante, poucas persoas saben como facelo correctamente e, moito menos, convertelo nun hábito diario.

Ensinámosche a limpar a pel do teu rostro a fondo. É moi fácil! Basta con que sigas os pasos que che indicamos no noso vídeo-titorial.

Pasos que hai que seguir para unha correcta limpeza facial

Produtos necesarios:

  • Desmaquillador de ollos e labios bifásico.
  • Leite limpador ou auga micelar
  • Xel limpador á auga
  • Tónico ou auga de avea
  • Discos desmaquillantes

Limpeza facial diaria en 4 pasos

1. Elimina a maquillaxe dos ollos e labios co Desmaquillador Bifásico e un disco desmaquillante, realizando movementos lixeiros. Preme suavemente uns segundos sobre as pestanas e, a continuación, limpa con movementos cara a abaixo. Despois, retira o exceso de maquillaxe da zona inferior do ollo.

2. Desmaquilla e limpa o rostro, pescozo e escote co Leite Limpador. Sen fregar, con movementos suaves e evitando o contorno dos ollos. Ou desmaquilla e limpa coa Auga Micelar.

3. Completa a limpeza co Xel Limpador á Auga. Humedece a pel e aplica o xel coas mans mediante movementos circulares evitando o contacto cos ollos. Aclara con abundante auga para retirar o produto e seca cunha toalla e delicados toques.

4. Suaviza e refresca a pel co Tónico Facial. Aplica cun disco a base de toques coidadosos sen fregar. Ou coa Auga de Avea pulverizando no rostro, pescozo e escote.

Podes realizar esta rutina diaria tanto de día pola mañá como pola noite antes de ir durmir.

Limpeza facial semanal

Unha vez á semana podes limpar a túa pel en profundidade seguindo os seguintes pasos:

1. Exfolia: humedece a pel e masaxea o Exfoliante Facial con movementos circulares na fronte, nariz, queixo e escote. Aclara con abundante auga e seca cunha toalla a suaves toques.

2. Aplica a Mascarilla Facial Limpadora coa pel limpa e seca:

- Masaxea coas mans o contido do sobre antes de abrilo.

- Saca a máscara e desprégaa.

- Colócaa sobre o rostro e retira a capa protectora branca.

- Deixa actuar durante 20 minutos e retira sen necesidade de aclarar.

Outras recomendacións

Se buscas revitalizar a túa pel, proba o noso Programa de Beleza Global Anti-Age.