Descubre as Toalliñas Aqua e todo o que che ofrecen para coidar a pel do teu bebé.

Toalliñas Aqua, máximo coidado para a pel do teu bebé

17 de xaneiro de 2024

Sabemos que o coidado da pel do teu bebé é unha prioridade absoluta. Por iso, presentámosche as nosas Toalliñas Aqua, unha solución innovadora e moi práctica para o seu uso cotiá, especialmente indicadas para a delicada pel infantil.

Deseñadas con todo o amor e todo o cariño para o confort dos máis pequenos, estas toalliñas sorprenderanche pola súa frescura e suavidade. Están formuladas cun elevado contido de auga, dándolles absoluta preferencia aos compoñentes de orixe natural. Totalmente seguras para brindar unha experiencia pracenteira e respectuosa coa súa pel.

Descubre as Toalliñas Aqua, o coidado que o teu bebé merece!

Características das nosas Toalliñas Aqua

  • Tecido con fibras 100 % de orixe natural: eliximos o máis natural e sostible para o coidado do teu bebé.
  • 99 % de auga, sen perfume e sen aceites:

Fórmula deseñada para minimizar o risco de irritacións.

  • Desprázanse con gran suavidade e delicadeza: a experiencia de limpeza e aseo é cómoda e moi suave, como unha caricia para a súa pel.
  • Testadas dermatolóxica e pediatricamente: asegurámonos de que as Toalliñas Aqua cumpren os estándares máis altos de seguridade para a pel sensible do teu pequeno ou da túa pequena. Por iso realizamos rigorosas probas dermatolóxicas e pediátricas.
  • Tecido 0 % plástico: É a única referencia da selección de toalliñas infantís que non contén plástico nas fibras. Unha decisión que expresa o noso compromiso cun futuro máis sostible.
  • Non son desbotables polo WC: con responsabilidade ambiental para o coidado do noso ámbito, estas toalliñas no son desbotables polo inodoro.

Outras recomendacións

Temos unha gama de Biberóns e chupetes que garanten confort e seguridade.

O noso Deterxente hipoalerxénico perfumado é apto para a pel do teu bebé.