Hoxe en día resultan moi útiles e prácticos os produtos que garanten a limpeza e hixiene das mans, en calquera momento e situación. Desta maneira aseguramos unha protección óptima de forma permanente.
Para cubrir esta necesidade poñemos á túa disposición esta interesante variedade de produtos:
- Spray Loción hixienizante para as mans.
- Paquete de Toalliñas hidroalcohólicas de 15 unidades.
- Toalliñas hidroalcohólicas en sobres monodose.
Características da Loción hixienizante para as mans
Con esta Loción hixienizante das mans en spray conseguimos a limpeza adecuada para protexer as nosa saúde e a dos nosos semellantes. Estas son as súas características principais:
- Fácil aplicación.
- Práctico formato spray.
- Resulta moi cómodo para transportar no bolso, na mochila, etc.
- Contén áloe e glicerina para evitar que se resequen as mans.
- 80% de alcohol denat. (excluído o gas).
- Sen perfume.
- Non é necesario aclarar.
- Só apto para peles sas.
Modo de uso
Pulveriza a 10 cm aproximadamente da man, estende fregando e deixa secar.
Características do Paquete de toalliñas hidroalcohólicas
Outro produto moi eficaz que nos permite tranquilidade e seguridade na hixiene das nosas mans. Con utilidade similar ao anterior pero con algunhas diferenzas nas súas características principais:
- Toalliñas hidroalcohólicas en formato de paquete de 15 unidades para unha limpeza profunda das mans.
- Fácil aplicación.
- Transporte moi cómodo no bolso, na mochila, etc.
- 75% de alcohol denat.
- Non se aclara.
- Non se deben utilizar en nenos nin en persoas sensibles aos seus compoñentes.
- Débense aplicar só sobre peles sas.
Modo de uso
Extrae a toalliña, desprégaa e frega sobre as mans. Deixa secar. Non a deposites no inodoro.
Características das Toalliñas hidroalcohólicas en sobres monodose
Visita o seguinte enlace para coñecer todas as características deste produto.
Outras recomendacións
Para asegurar a hixiene de calquera superficie son moi útiles as Toalliñas multiúsos limpeza hixiénica. Para todo tipo de usos, lévaas sempre contigo.