Hidrata e coida a túa pel coa nosa gama de cremas corporais.

Selección de cremas corporais, a túa pel meréceo!

01 de septembro de 2023

Nutre, hidrata a túa pel e mellora o seu aspecto coas nosas cremas corporais. Dende texturas lixeiras ata fórmulas máis densas, se buscas un tratamento para a túa pel seca, cremas enriquecidas con ácido hialurónico, opcións para persoas veganas, etc., temos xusto o que necesitas.

Revitaliza a túa pel e goza do luxo de mantela hidratada e ben coidada con estas cremas específicas de uso diario. Elixe a túa favorita, a túa pel meréceo. Vas estar radiante!

Antes de aplicar a túa crema corporal recorda limpar a túa pel de impurezas e células mortas cos nosos tratamentos exfoliantes.

E despois da túa crema corporal podes reforzar o tratamento cos nosos aceites corporais.

Crema corporal con aceite de argan

Crema corporal con aceite de argán Mercadona

  • Crema nutritiva corporal para pel seca ou moi seca.
  • O aceite de argan mantén a pel hidratada e suave.

Crema corporal hidratante Esferas VIT-E

Crema corporal hidratante Esferas VIT-E Mercadona

  • Crema corporal hidratante con encapsulados, de rápida absorción con cápsulas de vitamina E que se funden na pel.
  • A vitamina E achega propiedades antioxidantes.
  • Con ácido hialurónico que facilita a renovación celular.
  • Textura lixeira.
  • Apta para todo tipo de peles.

Crema de aceite de oliva

Crema de aceite de oliva Mercadona

  • 97 % ingredientes de orixe natural.
  • Con aceite de oliva de cultivo ecolóxico e orixe española (Jaén).
  • Fórmula vegana reforzada con vitamina E e manteiga de karité.
  • Fórmula limpa de parafinas e siliconas.
  • Para todo tipo de pel.

Mante-K

Mante-K Mercadona

  • Manteiga corporal con aroma de coco.
  • Para peles secas.
  • Crema de textura densa de fácil absorción.

Modo de uso

  • Aplica a diario mediante unha lixeira masaxe ata a súa total absorción.

Outras recomendacións

Para un tratamento corporal completo non esquezas as nosas cremas das mans e dos pés.

Descubre o Sérum SOS para o tratamento de uñas e cutículas.

Se queres acabar co pelo utiliza a nosa Liña de produtos de depilación.