A nova colección de fragrancias My Soul Glacier para home e para muller.

Perfumes My Soul Glacier, para el e para ela, ultrafrescos!

26 de outubro de 2022

Como se emerxesen das profundidades dun glaciar, as fragrancias My Soul Glacier inúndante co seu extra de frescura. Aromas potentes e estimulantes, cunha coidada presentación en botellas de aspecto xeado, misterioso e suxestivo.

Esta nova colección de fragrancias de edición limitada está dispoñible tanto para muller como para home. Ideais para a tempada outono/inverno, anímaste?

My Soul Glacier for Her, unha oda á flor nórdica de Anxélica

My Soul Glacier for Her Mercadona

  • Fragrancia Muller EDP 100 ml.
  • Familia olfactiva: oriental a froita.
  • Xélida fragrancia con notas na saída a sorbete de pera, acompañada dunha doce e feminina lavanda cun toque de especias frías.
  • No corazón, un acorde de flor de Anxélica abrazado por un profundo e fresco ámbar, vainilla e notas amadeiradas.

My Soul Glacier for Him, a catedral do xeo

My Soul Glacier for Him Mercadona

  • Fragrancia Home EDP 100 ml.
  • Familia olfactiva: fresca/silvestre aromática.
  • Extraordinaria fragrancia que nos transporta a unha cova de xeo.
  • Notas frescas e aromáticas na saída a lavanda, acordes de mandarina, zume de limón e pera xeada.
  • No corazón e no fondo sorpréndennos as súas notas de cedro, musgo e madeira ambaradas.

Modo de aplicación

  • Aplica sobre a pel. As mellores zonas son a sen, a base do pescozo e a parte interna dos pulsos e do cóbado.
  • Espera 15 minutos para percibir o olor definitivo en cada pel.

Outras recomendacións

A nova Colección Elixir Touche de Lavande coida o teu corpo e o teu cabelo cunha mesma fragrancia fresca e relaxante.

Se buscas un cambio de look e/ou queres cubrir as túas canas coidando o teu cabelo, proba as nosas Tinturas sen amoníaco en tons cinza.

Seguro que na nosa Liña de produtos de depilación encontras a solución que máis se axusta ás túas necesidades.