Descubre a Colección Origen, inspirada na beleza atemporal da Alhambra.

Origen, a maxia da Alhambra nesta colección

15 de septembro de 2023

Coñeces a nova Colección Origen? Está inspirada na beleza atemporal da Alhambra de Granada e na rica herdanza da cultura árabe.

Cada produto desta colección de maquillaxe é unha ventá ao marabilloso encanto desta xoia arquitectónica. Déixate namorar pola súa elegancia lendaria e renova a túa imaxe como sempre soñaches.

Que produtos compoñen a nova colección Origen?

A Colección Origen preséntache un atractivo conxunto de produtos pensado para o teu look completo. Descúbreos!

Paleta de rostro en forma de abano

Paleta de rostro en forma de abanico Colección Origen Mercadona

Tons bronceadores e iluminadores que podes combinar perfectamente nunha soa pasada ou utilizalos de forma individual.

Barras de labios e máscara de pestanas

Labiales y máscara de pestañas Colección Origen Mercadona

Barras de labios cremosas mate: acabado aveludado de longa duración cun agradable aroma doce.

  • N.º 01 Nude.
  • N.º 02 Nude medio.
  • N.º 03 Rosa.

Máscara de pestanas: crea volume, lonxitude e dá curvatura ás pestanas. Aplica unha segunda capa se queres un efecto de pestanas postizas.

Consellos de uso: aplica da raíz ata as puntas das pestanas, con movementos en zigzag para así separar e definir pestana a pestana.

Fluído facial iluminador

Fluido facial iluminador Colección Origen Mercadona

  • Suave fluído de tacto xel líquido e de acabado translúcido. É apto para calquera ton de pel.
    • Pel luminosa.
    • Acabado natural.
    • Fácil de aplicar e esfumar.

Consellos de uso: aplica unha pequena cantidade e esfuma cos dedos nos puntos de luz do rostro e/ou nas zonas visibles do corpo.

Bruma

Bruma Colección Origen Mercadona

Bruma multifuncional 5 en 1: hidrata, prepara, protexe, fixa e refresca.

Propiedades

  • Base transparente, formulada a base de auga.
  • Sen alcohol nin siliconas.
  • Textura ultrafina e non pegañenta.
  • Deposita unha película fina, invisible e extremadamente agradable sobre a pel.
  • Con acabado mate.
  • Secado rápido.
  • Fácil de usar, permite unha distribución uniforme do produto en todo o rostro.
  • 100 ml. Ideal para levar no bolso e usala en calquera momento do día.

Como e cando se usa?

  • Axita ben antes de utilizala. Evita a zona do contorno dos ollos.
  • Como prebase de maquillaxe: tras a rutina de limpeza e hidratación e antes de aplicar a maquillaxe, pulveriza lixeiramente (de 2 a 4 pulsacións) a unha distancia duns 20 cm.
  • Pecha os ollos e a boca mentres se vaporiza. Deixa que seque antes de proceder á maquillaxe.
  • Como spray fixador: unha vez aplicado o fondo de maquillaxe, pulveriza do mesmo xeito. Para refrescar a cute e prolongar a duración da maquillaxe, repite a aplicación en calquera momento do día.
  • Consello de beleza: gárdaa na neveira para gozar dunha maquillaxe ultraenerxizante.

Outras recomendacións

Ensinámosche a limpar as túas brochas e pinceis de maquillaxe.

Escolle entre a nosa variedade de Toalliñas desmaquilladoras, sinxelas e rápidas en calquera momento e lugar.

Descubre as mellores solucións de depilación.