Unha xornada dá para moito. Pasamos por tantas situacións ao longo do día que cómpre agochar un as debaixo da manga. Presentamos a fragrancia 9.60 Pure, unha sport water fresca e vital pensada para o día a día.
Un olor agradable en calquera momento do día
A fragrancia 9.60 Pure será o teu mellor complemento en calquera momento e lugar, porque sempre encaixa contigo: na casa, saíndo do ximnasio ou subindo para a túa oficina.
Notas afroitadas e florais para unha axenda apertada
Non importa o apertada que sexa a axenda dunha muller, coa fragrancia 9.60 Pure acompañarante unhas notas florais e afroitadas en calquera momento da xornada: ten notas afroitadas, verdes, amadeiradas e florais. E agora a dar conta do día!
Outras Recomendacións
De teres unha longa xornada de traballo, descubre como aforrar tempo coa nova Hidratante corporal debaixo da ducha de Mercadona.
Ademais, mostrámosche neste vídeo como ter unha pel radiante coas cremas de Mercadona.