AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

A paleta Master Kit de Maquillaxe Deliplus está composta por catro mini estoxos extraíbles, cheos de moda e cor.

Master Kit de Maquillaxe Deliplus

24 de novembro de 2017

A paleta Master Kit de Maquillaxe Deliplus é a paleta por excelencia, o seu elegante deseño e a súa versatilidade tórnana única.

Conta con catro paletas no seu interior que se poden levar xuntas ou separadas para usares a que precises en cada momento:

  • Paleta rostro: Componse de 2 pos faciais, 2 coloretes e 1 brocha.
  • Paleta beizos: A paleta divídese en 8 labiais –situados na parte superior– de diferentes cores e 8 brillos de acabado gloss para empregares sós ou en fusión con calquera tonalidade de beizos. Esperta a túa creatividade e realiza múltiples combinacións.
  • Paleta ollos: 18 tons de sombras en diferentes acabados –mate, satinada e perlada– de textura en po e uso en seco, para alén de incluír pincel con aplicador duplo de esponxa.
  • Paleta correctores: 4 tons de correctores e o seu pincel aplicador.

Toque mestre

Sabes como usar os correctores?

O verde cobre a rubescencia de grans ou capilares, o amarelo emprégase como corrector-iluminador, mentres o beige tapa olleiras e ilumina o rostro.

Faite cunha paleta Master Kit de Maquillaxe Deliplus e crea múltiples combinacións de cor, son de edición limitada.

Outras Recomendacións

Para conseguires unha maior definición na túa maquillaxe usa a Liña de pinceis Deliplus, obterás un acabado profesional. E non esquezas darlle un toque de glamour á túa mirada coas Máscaras de Pestanas Deliplus.