Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Liña Kids Deliplus

Liña Kids Deliplus

13 de septembro de 2017

Dálle a benvida á volta á escola cos produtos da Liña Kids Deliplus!

Coa Liña Capilar Kids Deliplus tes todo o preciso para coidares a hixiene do delicado cabelo das crianzas e darlle un aspecto cheo de enerxía.

Ademais, na Liña Kids Deliplus tamén tes un Xabón de Mans cun orixinal olor a piruleta, que lles encanta, e as Toalliñas Cara e Mans, cun divertido perfume a framboesa.

Liña Capilar Kids Deliplus, ideal para o cabelo das crianzas

Coa Liña Capilar Kids Deliplus tes todo o que precisas para coidares o cabelo dos máis cativos da casa.

Velaquí todos os produtos que forman parte da Liña Capilar Kids Deliplus:

  • Xampú + Acondicionador (2 en 1): O teu mellor aliado acotío para lavares e desenleares o cabelo das crianzas. Para alén de deixar o pelo limpo e perfumado, é doado de aclarar.
  • Xampú Extra Suave: Este produto da Liña Capilar Kids é ideal para lavares con delicadeza o cabelo dos cativos. A súa coidada fórmula respecta o equilibrio natural do cabelo e do coiro cabeludo.
  • Acondicionador Extra Suave: Perfecto para lles desenleares o cabelo e poderes peitear as crianzas sen molestos tiróns.
  • Spray Desenleante Extra Suave: Con este spray conseguirás desenlear e darlle suavidade ao seu pelo ao mesmo tempo. Perfecto para eliminares os nós e marañas de xeito máis doado.
  • Fixador Extra Suave Kids: Ideal para domares os remuíños e fixares o seu penteado co estilo que quixeres. Fórmula con Provitamina B5 e glicerina que dá brillo e vitalidade ao cabelo sen deixar refugallo.

Xabón de Mans e Toalliñas Cara e Mans Kids Deliplus

Na Liña Kids Deliplus tamén tes produtos para a hixiene dos cativos.

  • Xabón de Mans Kids: Limpa e coida as manciñas dos cativos con este irresistible xabón, que lles encantará polo seu olor a piruleta. Déixalles a pel das mans suave, perfumada e moi limpa.
  • Toalliñas Infantís Cara e Mans Kids: Estas toalliñas conteñen un divertido perfume a framboesa e un pH neutro adaptado á delicada pel dos cativos.

Por que escolleres a Liña Kids Deliplus?

Os produtos da Liña Kids Deliplus están creados pensando no mellor para a pel e o cabelo dos máis cativos.

Os Xampús, o Acondicionador, o Spray Desenleante, o Fixador extra suave e o Xabón de Mans están fabricados polos Laboratorios Maverick en Ulldecona (Tarragona), e as Toalliñas Infantís fabrícaas Ubesol nas súas instalacións de Atzeneta d´Albaida (Valencia). Unha nova mostra da aposta de Mercadona polas empresas españolas.

Alén diso, a Liña Capilar Kids Deliplus emprega fórmulas extra suaves que lavan e acondicionan o seu cabelo, sen o danar o máis mínimo e está testado baixo control dermatolóxico, pediátrico e oftalmolóxico.

Aproveita todos os días a Liña Kids Deliplus, coa que conseguirás a mellor limpeza para o cabelo e a pel dos máis cativos da casa.

Outras recomendacións

Quer para os bebés quer para as crianzas, a Auga Perfumada Hippos é unha excelente opción para acompañar os cativos da casa cun aroma de notas florais.

E para os adultos, o Xel de Baño Dermo Aroma Menta Deliplus combina un perfume intenso cun frescor duradeiro, ideal para a hixiene cotiá.