Coñeces os beneficios da nosa Liña facial Regen Skin? Se necesitas coidar a túa pel, hidratala, rexenerala, darlle firmeza e luminosidade, proba esta liña facial que che ofrece todo o que a pel do teu rostro necesita.
Tripla acción da Liña facial Regen Skin
- Potente acción antiidade, para frear o envellecemento da pel.
- Protección fronte aos factores externos, diferenciando entre as agresións na pel de día ou de noite.
- Confort e hidratación para peles con estas necesidades.
Para que peles está pensada esta liña?
Peles que tenden a perder auga, que están máis secas e perderon elasticidade. Polo tanto, é importante reforzar a función barreira e manter a hidratación da pel.
Nestas peles as engurras están máis pronunciadas, hai unha perda de firmeza no óvalo facial, a pel afínase e adquire un ton apagado e irregular e maior sequidade.
Estes cambios naturais da pel poden verse agravados pola exposición ao sol ou á contaminación
Que produtos compoñen a Liña facial Regen Skin?
Sérum Retinol
Tratamento intensivo potenciador rexenerador cutáneo. Combina os potentes efectos dun tratamento cosmético profesional e un sérum, revertendo os signos da idade grazas aos seus múltiples beneficios activadores da rexeneración da pel.
Beneficios
- Mellora a textura e o aspecto de engurras profundas, de expresión, poros e imperfeccións
- Incrementa a firmeza
- Hidratación
- Achega elasticidade
- Unifica e mellora o ton.
Principios activos
- Retinol encapsulado: libera o activo lentamente, aumentando a súa acción e tolerancia na pel.
- Bacuchiol: activo de orixe vexetal, reverte os signos do envellecemento, mellora textura e aparencia, axuda a mellorar o seu ton e o brillo da pel.
- Retynil Palmitate: antiengurras, antimanchas, achega elasticidade, prevén o dano fototóxico e unifica o ton.
- Factor de crecemento EGF: acelera a produción de coláxeno e elastina, reduce a rugosidade e as engurras.
Modo de emprego
- Aplica 3 o 4 gotas sobre o rostro limpo e seco antes da crema pola noite.
- Evita o contorno dos ollos.
- Utiliza con moderación ao inicio e aumenta cos días.
- Se observas irritación, suspéndeo.
- Non combines con tratamentos de ácidos, de acne, Vitamina C…
Frecuencia de uso
- Débese empezar en días alternos pola noite. Pódese usar como tratamento único ou antes da crema habitual de noite.
Deixa sensación graxa?
- É un produto lixeiro que permite aplicar unha crema a continuación se se desexa.
- Non recomendable para peles sensibles.
Crema facial DÍA
Beneficios
- Potencia a luminosidade
- Combate os radicais libres retrasando o envellecemento
- Suaviza a pel
- Restablece a hidratación
Principios activos
- Factor de crecemento EGF: activador celular natural que acelera a produción de coláxeno e elastina, axudando a reducir a rugosidade e as engurras na pel.
- Carnosina: protexe fronte ao dano na pel da radiación IR e a visible.
- Vitamina C: achega luminosidade e unifica o ton.
- Vitamina E: acción antioxidante.
- Algodón de Arabia: protexe, repara, hidrata, achega elasticidade e reduce as engurras.
- Manteiga de Karité: flexibilidade, elasticidade e nutrición.
- Alantoína: achega hidratación á pel.
- Filtros FPS20: con Carnosina que protexe fronte á radiación IR e á luz azul.
Modo de emprego
- Aplica pola mañá sobre a pel limpa, mediante unha lixeira masaxe no rostro, pescozo e escote. Evita o contacto directo cos ollos.
Frecuencia de uso
- A diario, polas mañás.
Deixa sensación graxa?
- É unha crema untuosa que se absorbe despois dunha masaxe prolongada. A pel queda suave, sedosa e con sensación de nutrición.
Para todo tipo de peles
Recambio para a crema facial DÍA
- Recambio para a crema, que ademais contén a súa propia tapa para poder transportalo comodamente sen necesidade de tarro. Véndense por separado
Crema facial NOITE
Beneficios
- Acción antiidade
- Actúa durante o ciclo do sono, cando a pel está máis receptiva, axudando a frear os signos da idade
- Confort inmediato
Principios activos
- Bacuchiol: de orixe vexetal, reverte os síntomas do envellecemento, mellora a textura, aparencia, ton e brillo da pel.
- Factor de crecemento EGF: activador celular natural que acelera a produción de coláxeno e elastina, axudando a reducir a rugosidade e engurras na pel.
- Cúrcuma: efecto antiengurras e hidratación.
- Vitamina E: acción antioxidante.
- Blueshield: protección fronte á luz azul dos dispositivos dixitais, que causa a aceleración do envellecemento, engurras e hiperpigmentación da pel.
- Algodón de Arabia: protexe, repara, hidrata, achega elasticidade e reduce as engurras.
- Manteiga de Karité: flexibilidade, elasticidade e nutrición.
Modo de emprego
- Aplica pola noite sobre a pel limpa, mediante unha lixeira masaxe no rostro, pescozo e escote.
Frecuencia de uso
- A diario, pola noite.
Deixa sensación graxa?
- Absórbese con facilidade tras unha suave masaxe, sen deixar sensación graxa.
Para todo tipo de peles
Recambio para a crema facial NOITE
Recambio para a crema, que ademais contén a súa propia tapa para poder transportalo comodamente sen necesidade de tarro. Véndense por separado.
Contorno de labios
Beneficios
- Rexenerador intensivo da zona peribucal do rostro.
- O efecto do licopeno reduce as engurras e equilibra de forma natural os niveles de hidratación e firmeza.
Principios activos
- Hidratante con alto poder antioxidante e rexenerador grazas á súa formulación con licopeno.
Modo de emprego
- Aplica cunha lixeira masaxe ao redor dos labios sobre a pel limpa e seca ata a súa total absorción.
- Pódese usar de día e de noite
Outras recomendacións
Coñeces a nosa Liña facial Antimanchas? Permíteche mellorar o aspecto da túa cute e ter un ton máis uniforme e unificado.