Liña de coidado facial específico para o coidado das peles con manchas que mellora o aspecto da cute proporcionándolle un ton máis uniforme. A Liña facial Anti-manchas Deliplus está composta polo Sérum Despigmentante Anti-manchas, a Crema de día Protectora Anti-manchas e a Crema de noite Aclarante Anti-manchas.
Sérum Despigmentante Anti-manchas
Que é?
- Tratamento intensivo potenciador que diminúe as manchas e unifica o ton da pel.
Para quen é?
- Fórmula lixeira: apto para todo tipo de peles.
Beneficios
- Favorece a recuperación da luminosidade e a despigmentación das manchas.
- Diminúe as manchas e unifica o ton da pel.
Que contén?
- Niacinamida (Vitamina B3). Axuda a unificar o ton da pel achegándolle un aspecto máis novo.
- Hexylresorcinol. Regula a produción de melanina e reduce e corrixe as discromías unificando o ton.
- Extracto de Margarida Bellis Perennis. Activo vexetal natural con acción despigmentante.
Como usalo?
- Coa pel limpa e seca aplica 4-5 gotas sobre o rostro, o pescozo e o escote pola mañá e/ou pola noite. Masaxea ata a súa total absorción. Evita que o produto entre en contacto cos ollos.
Crema de día Protectora Anti-manchas
Que é?
- Crema protectora de textura aveludada. Contén filtros solares UVA e UVB que protexen a pel previndo as manchas solares
Para quen é?
- Textura aveludada: apta para todo tipo de peles.
Beneficios
- Prevén a aparición de manchas solares e o envellecemento prematuro da pel.
- Combate os efectos da polución.
- Achega hidratación e elasticidade.
Que contén?
- Ácido hialurónico. Hidrata e axuda a retrasar o envellecemento prematuro da pel.
- Niacinamida (Vitamina B3). Axuda a unificar o ton da pel achegándolle un aspecto máis novo.
- Carnosina. Protección contra a radicación infravermella, a luz azul e a polución.
Como usala?
- Aplícaa pola mañá sobre a pel limpa do rostro, pescozo e escote mediante unha suave masaxe ata a súa total absorción. En caso de exposición solar, aplica 30 minutos antes.
Crema de noite Aclarante Anti-manchas
Que é?
- Crema de coidado nocturno que achega uniformidade ao ton da pel e aclara as manchas do rostro, pescozo e escote.
Para quen é?
- Textura rica. Apta para todo tipo de peles. Non recomendable para peles sensibles.
Beneficios
- Unifica o ton da pel e consigue un ton homoxéneo.
- Aclara as manchas e minimiza a súa aparición.
- Achégalle á pel un aspecto máis novo.
Que contén?
- Ácido fítico. Efecto despigmentante, prevén a aparición de manchas na pel
- Niacinamida (Vitamina B3). Axuda a unificar o ton da pel achegándolle un aspecto máis novo.
- Ácido glicólico. Suave efecto exfoliante que renova a pel.
Como usalo?
- Aplica diariamente pola noite, coa pel limpa sobre rostro, pescozo e escote. Masaxea ata a súa total absorción evitando o contacto cos ollos. Á mañá seguinte utiliza a crema protectora solar SPF 50+ para tratar as manchas moderadas.
Tratamento
- Manchas moderadas:
Día: Aplica a Crema Protectora SPF50+
Noite: Aplica a Crema Aclarante
- Manchas intensas:
Día: Aplica o Sérum Despigmentante + Crema Protectora SPF50+
Noite: Aplica o Sérum Despigmentante + Crema Aclarante
A constancia é moi importante neste tipo de tratamentos para a súa maior eficacia.
Con que outros produtos podo combinar a Liña facial Anti- manchas Deliplus?
Para unha rutina de beleza facial completa é importante que integres a limpeza pola mañá e pola noite. Para levala a cabo podes usar o Xel limpador Sensitive Facial Clean Deliplus e o Tónico Facial Clean Deliplus a diario e a Máscara Arxila Branca Deliplus dúas veces á semana para obter unha limpeza máis profunda.
Outras Recomendacións
Se necesitas outros tratamentos faciais, tes á túa disposición a liña Sisbela Reafirm para gañar firmeza, hidratación e combater os signos da idade.
Ou a liña facial Prevent Age Skin antiidade para previr engurras e combater o estrés oxidativo e os signos da idade.
Se tes dúbidas consulta a nosa guía de beleza coa que che ofrecemos un tratamento á medida dependendo das túas necesidades.