Coa chegada do bo tempo apetece gozar do sol e das actividades ao aire libre. Non obstante, debes ter en conta que os problemas na pel son frecuentes nesta época do ano.
A calor, a exposición solar e a suor poden prexudicar a túa saúde cutánea e xogarche malas pasadas. Por iso, debes previr riscos innecesarios.
Queres saber como? Agora que xa está aquí o bo tempo, propoñémosche os produtos imprescindibles para manter a túa pel sa, fresca e luminosa. Sigue lendo!
Cales son os Imprescindibles para o bo tempo de Mercadona?
Cápsulas solares
- Preveñen a tendencia a sufrir queimaduras solares.
- Combaten os signos de envellecemento cutáneo que provoca a exposición solar (engurras, sequidade na pel, manchas…).
- Preséntanse en cápsulas brandas en lugar de cápsulas duras (os ingredientes están nun medio oleaxinoso que contribúe a aumentar a súa absorción).
- Non substitúen as cremas protectoras.
- A partir dos 16 anos.
- Indicadas para a tempada primavera/verán. Recomendamos iniciar o seu consumo en marzo, para preparar a pel durante un mes antes da exposición solar e prolongalo durante esta.
- Duración de cada caixa: 1 mes.
- Modo de uso:
- Inxire unha cápsula ao día pola mañá.
- Para conseguir os efectos desexados, tómaas un mes antes da exposición solar e durante esta.
Ampolas Vitamina C
- Potenciador ultraconcentrado.
- Tratamento intensivo con efectos antioxidantes rápidos e visibles.
- Esfuma as manchas, devolve a luminosidade perdida, mellora a aparencia dos signos da idade, unifica o ton e hidrata.
- Non recomendada para peles sensibles.
- Principios activos: tres derivados estables de vitamina C ao 20 %, potenciados con ácido ferúlico para acelerar os resultados visibles, e con extracto de regalicia, que axuda a mellorar a tolerancia cutánea dos potentes activos.
- Modo de uso:
- Aplica sobre o rostro, o pescozo e o escote, limpo e seco antes da crema.
- Aplica exclusivamente pola noite.
- Evita o contorno dos ollos. En caso de contacto cos ollos aclara con abundante auga.
- Uso externo.
- Tratamento moi concentrado: se observas irritación, suspende o seu uso.
- Non se debe combinar con outros tratamentos intensivos de ácidos, retinol, tratamentos profesionais de acne, peelings ou similares.
- É recomendable o uso de protector solar ao longo do tratamento.
Crema Vitamina C 50+
- Con vitamina C, té verde, provitamina B5 e activos que protexen fronte á radiación infravermella.
- Para todo tipo de peles, sensación 0 % pegañenta e libre de aceites.
- Modo de uso:
- Aplica 1 ou 2 veces ao día sobre a pel perfectamente limpa do rostro mediante suaves masaxes ata a súa total absorción.
- En caso de usala como fotoprotector aplícaa 20-30 minutos antes da exposición solar.
- Non a apliques sobre feridas, mucosas nin pel erosionada.
- Evita o contacto cos ollos.
Crema facial Regen Skin
- Potencia a luminosidade do rostro e combate os radicais libres retrasando o envellecemento da pel.
- Restablece a hidratación, protexe da radiación solar e actúa recuperando a xuventude da pel.
- Apto para pel normal, seca e moi seca.
- Modo de uso:
- Aplica pola mañá sobre a pel limpa mediante unha lixeira masaxe no rostro, no pescozo e no escote.
- Contén FPS 20.
- Se vas expoñerte directamente ao sol recomendamos que apliques a protección solar máis alta e reapliques frecuentemente.
- É unha crema untuosa que se absorbe despois dunha masaxe prolongada. A pel queda suave, sedosa e con sensación de nutrición.
Magnesio (vitaminas B1, B6, B12)
- Complemento alimenticio con magnesio e vitaminas.
- Disolve o complemento efervescente alimenticio en 200 ml de auga.
- Sabor a laranxa.
- Modo de uso:
- 1 comprimido ao día, no se debe superar a dose recomendada.
- Os complementos alimenticios non deben ser substituídos por unha dieta variada e equilibrada e un estilo de vida saudable.
Outras recomendacións
Descubre a forma máis fácil de maquillarte con só tres produtos.
Amplía a información sobre as nosas Perlas de Sol.
Para que o coidado da túa pel sexa perfecto, non esquezas seguir os nosos consellos para A túa Cesta Equilibrada.