As fragrancias Simply Flowers festexan a primavera coas súas notas cítricas, florais e amadeiradas. Peonia, Violeta, Rosa, Azar e mais Xasmín envolven a túa pel e activan os teus sentidos.

Fragrancias Simply Flowers

24 de abril de 2018

Envolve a túa pel coas fragrancias da liña Simply Flowers de Mercadona. Cinco propostas que combinan frescura, suavidade e romanticismo. Peonia, Violeta, Rosa, Azar e mais Xasmín: unhas colonias florais, clásicas e en sintonía cos sentidos. As fragrancias Simply Flowers evocan a primavera con notas cítricas, empoadas, doces ou amadeiradas. Descubre a túa.

Ideas para gozar das fragrancias Simply Flowers

Despois da ducha aplica unhas pingas da túa colonia favorita Simply Flowers aproveitando que os teus poros están dilatados para así impregnares máis a fragrancia na pel. Escolle calquera crema ou loción da liña de coidado corporal Deliplus para hidratares e suavizares a pel.

Peonia

Fragrancia que revela notas florais envoltas nun suave corazón de pétalos. Familia olfactiva floral, froital e verde. A que recende? Sobre un fondo de madeiras e almiscre equilibra notas de froitas do bosque e mais de limón cun delicado corazón de peonias, rosas e lirios.

Violeta

Colonia inspirada na violeta. Familia olfactiva floral, empoada e violeta. A que recende? Dúo de violetas e rosas. Toques de peonia e vainilla de xardín sobre un fondo de madeiras e almiscre.

Rosa

A rosa evoca un bouquet floral delicado. Familia olfactiva floral e rosa. A que recende? Contrastan as notas de rosa de auga e flores acuáticas cun suave corazón de rosa branca e peonia. Fondo de sándalo e vainilla de xardín.

Azar

Posúe notas sensuais e cremosas. Familia olfactiva amadeirada e flor de laranxeira. A que recende? Un delicado ramo con flor de laranxeira, bergamota, xasmín, madreselva e follas verdes que se potencia sobre un fondo de almiscre branco, sándalo e ámbar.

Xasmín

Unha fragrancia romántica e feminina de xasmín. Familia olfactiva floral, amadeirada e almiscre. A que recende? Combina as inconfundibles notas do xasmín con outras de lirio do val, peonia e acordes mariños. Fondo sutil de ámbar, madeira de caximira e alsmiscre.

Outras recomendacións

A primavera e o verán son os meses ideais para descubrir os novos xeles de baño Deliplus. Tamén che recomendamos as posibilidades para o tratamento facial e corporal do noso aceite de coco.