Desodorantes Cuidado Deliplus

Desodorizantes Cuidado Deliplus, para peles que precisan máis coidado e suavidade

27 de xullo de 2017

A fórmula dos desodorizantes Cuidado Deliplus inclúe ingredientes especialmente indicados para aquelas peles que precisan un maior coidado e suavidade. Grazas a isto, garanten unha protección de até 48 horas fronte ao olor e á suor.

Escolle a opción que mellor se adapte ás túas necesidades:

Cuidado Aloe

Ideal para manteres o coidado da pel con extracto de Áloe Vera, un ingrediente rico en proteínas e microelementos, de propiedades suavizantes e hidratantes. Dispoñible tamén en tamaño mini, para o levares sempre canda ti.

Cuidado Avena

Para peles sensibles, Cuidado Avena é o mellor aliado para manteres a delicadeza deste tipo de peles sen perderes a protección fronte á suor. O extracto de avea é axeitado para o coidado da pel sensible, ademais de ter propiedades suavizantes e antioxidantes.

Cuidado Seda

A seda é un ingrediente coñecido para o coidado da pel feminina e a beleza. Este desodorizante feminino, indicado para peles delicadas, mantén o coidado e a suavidade da pel ao tempo que a protexe fronte á suor.

Cómpre:

Para asegurarmos a eficacia dos desodorizantes Cuidado Deliplus, aplicarémolos sempre sobre a pel limpa e seca.

  • Se usamos roll-on, aplicarémolo sobre cada axila de riba para baixo, 3 veces para obter unha cobertura boa e uniforme. Deixar secar totalmente antes de se vestir.
  • Se usamos spray, primeiro inverter o bote, axitar enerxicamente, pulverizar a 15 cm da pel durante 2-3 segundos e deixar secar.

Liña de desodorizantes Cuidado Deliplus. Protección cotiá.

Outras recomendacións

Limpa con delicadeza a túa pel co Xel de Baño Dermo Aroma Menta Deliplus.

Ademais, alivia a sensación de esgotamento e pesadez nos teus pés e pernas co Spray refrescante e revitalizante para pés e pernas Deliplus. Notarás un frescor inmediato!