Coñeces a nosa liña facial Prevent Age Skin? Consta de tres produtos e é moi recomendable para previr engurras e combater o estrés ambiental e os efectos da idade na pel do teu rostro.
Que produtos contén Prevent Age Skin?
Contorno de ollos
Como actúa
- Atenúa bolsas e olleiras ao recuperar a flexibilidade e firmeza da pel grazas ao seu efecto tensor e iluminador.
- Prevén a aparición de engurras minimizando as liñas de expresión e recuperando a elasticidade da pel do contorno dos ollos.
Modo de uso
- Aplica mañá e noite coa pel limpa.
- Estende o produto con axuda do aplicador na zona do contorno dos ollos, efectuando toques coas xemas dos dedos dende o lacrimal cara ao extremo do ollo ata a súa total absorción.
- Frecuencia: día e noite.
Principios activos
- Bakuchiol: reverte os síntomas do envellecemento, mellora a textura e aparencia da pel.
- Proteoglicanos: manteñen a hidratación, a firmeza e a elasticidade ao promover a síntese de ácido hialurónico interno e evitar a aparición de engurras.
- Coláxeno hidrolizado: Forma un filme evitando a perda de auga.
- Hexapéptido: Péptido que loita fronte ás engurras de expresión, converténdose nunha alternativa ao bótox.
Crema facial

Recambio crema facial. Refill
- É un recambio para a crema, que ademais contén a súa propia tapa para poder transportalo comodamente sen necesidade de tarro. Véndense por separado.
Outras recomendacións
Completa a túa rutina facial coa nosa máscara facial limpadora Bubble Mask.