Descubre a nosa liña de tratamento antipiollos e elimínaos por completo.

Descubre o tratamento definitivo para acabar cos piollos

07 de septembro de 2023

Coñeces a nosa solución para acabar cos piollos? Na tempada escolar lidar con estes parasitos é moi molesto para os pequenos e as pequenas e unha verdadeira preocupación para os maiores.

Por iso, deseñamos unha liña de tratamento antipiollos altamente eficaz. Moi cómoda de utilizar e incorporar á rutina de baño do teu pequeno ou da túa pequena e con resultados duradeiros.

Despídete dos piollos e goza dun cabelo limpo, fresco e libre de proídos.

Tripla defensa antipiollos: loción, xampú e acondicionador

Loción antipiollos de nova xeración con acción antirresistencia

Loción anti-piojos de nueva generación con acción antiresistencia Mercadona

Actúa cun mecanismo físico de asfixia do piollo sen desenvolver resistencia. Os principais compoñentes son Árbore de té e Silicon Technology para eliminar os piollos e as lendias de maneira eficaz en só 2 minutos.

Rápido e fácil de usar grazas aos seus accesorios:

  • Peite para lendias
  • Gorro

Modo de uso

1. Aplica o produto sobre o cabelo seco, nas raíces, insistindo detrás das orellas, na caluga e nas sens.

  • En caso de ser un cabelo longo, aplica unha dose xenerosa de medios a puntas para poder cubrir a totalidade do cabelo.
  • Masaxea para ambos os dous casos suavemente dende a raíz ás puntas, asegurándote de que o cabelo e coiro cabeludo quedan totalmente impregnados.

2. Pon o gorro para evitar goteos durante 2 minutos.

3. Peitea suavemente co peite de púas estreitas para lendias da raíz ás puntas para arrastrar os piollos mortos e as lendias.

4. Lava o cabelo co xampú da mesma liña, fregando para retirar o produto, e aclara con abundante auga. Repite o lavado para retirar de todo o produto.

Xampú con tripla acción: limpa, coida e protexe

Champú de Mercadona con triple acción: limpia, cuida y protege

Limpa, coida e protexe o cabelo. Os seus principais compoñentes son:

  • Árbore de té: con propiedades antisépticas que actúan contra os fungos, as bacterias e os virus. Por iso é un grande aliado na loita contra os piollos. Ademais, é un compoñente libre de químicos.
  • Quassia Amara: é unha especie de planta que se utiliza como insecticida na medicina tradicional e como aditivo na industria alimentaria.
  • Vinagre: o vinagre utilizouse como remedio tradicional contra os piollos durante décadas.

Acondicionador sen aclarado

Acondicionador sin aclarado de Mercadona para los piojos

Acondicionador con tripla acción: desenreda, coida e protexe o cabelo deixándoo suave. Cos mesmos compoñentes que o xampú da liña.

Modo de uso

Aplica sobre o cabelo húmido ou seco a 15 cm. Non hai que enxaugalo.

Recomendacións xerais

  • Usa a liña completa.
  • Repite o tratamento dende o primeiro paso pasados 7-10 días.
  • Non mestures con outros produtos pediculicidas.
  • Evita o contacto coa roupa para evitar manchas.

Outras recomendacións

Necesitas ideas para os almorzos do colexio?

Coñeces o noso Deterxente hipoalerxénico con perfume? É apto para a coada de toda a familia, incluso para a roupa de bebé.

Utiliza o noso Borrador máxico para eliminar manchas e roces de diferentes superficies, aprende a usalo!