Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Descubre as irresistibles fragrancias das cremas de mans Deliplus que vas poder levar canda ti a calquera lugar.

Cremas de mans hidratantes Deliplus. Edición limitada

11 de xaneiro de 2018

Polo seu práctico tamaño e as súas irresistibles fragrancias, as novas cremas de mans Deliplus han de se converter no antollo imprescindible que vas querer ter sempre canda ti. Hidrata en calquera momento as túas mans e goza das súas notas afroitadas, cítricas, doces, florais…

A súa fórmula coida da túa pel grazas ao seu contido en manteiga de karité, vitamina E e mais alantoína.

Tan só tes que aplicar unha pequena cantidade e masaxeala, suavemente, sempre que queiras hidratar as túas mans.

Podes escoller a fragrancia que máis che guste, e lembra: estas cremas son de edición limitada.

A que arrecenden?

A crema verde é unha proposta floral, con notas verdes, afroitadas, aromáticas e de almiscre.

A crema vermella é un antollo oriental, con notas afroitadas, doces e amadeiradas.

Outras Recomendacións

Se che gustan as novas sensacións proba os Aceites en Crema Deliplus, cambian de textura mentres os masaxeas. E se para ti o tempo é ouro, non perdas a Hidratante Corporal baixo a ducha Deliplus: limpeza e hidratación nun só xesto.

Recomendámosche saber máis sobre a Calidade das cremas de Mercadona.