Polo seu práctico tamaño e as súas irresistibles fragrancias, as novas cremas de mans Deliplus han de se converter no antollo imprescindible que vas querer ter sempre canda ti. Hidrata en calquera momento as túas mans e goza das súas notas afroitadas, cítricas, doces, florais…
A súa fórmula coida da túa pel grazas ao seu contido en manteiga de karité, vitamina E e mais alantoína.
Tan só tes que aplicar unha pequena cantidade e masaxeala, suavemente, sempre que queiras hidratar as túas mans.
Podes escoller a fragrancia que máis che guste, e lembra: estas cremas son de edición limitada.
A que arrecenden?
A crema verde é unha proposta floral, con notas verdes, afroitadas, aromáticas e de almiscre.
A crema vermella é un antollo oriental, con notas afroitadas, doces e amadeiradas.
Outras Recomendacións
Se che gustan as novas sensacións proba os Aceites en Crema Deliplus, cambian de textura mentres os masaxeas. E se para ti o tempo é ouro, non perdas a Hidratante Corporal baixo a ducha Deliplus: limpeza e hidratación nun só xesto.
Recomendámosche saber máis sobre a Calidade das cremas de Mercadona.