Queres lucir o mellor bronceado este verán? Se non podes tomar o sol ou non queres, pero encántache a pel morena, utiliza os nosos produtos autobronceadores e conseguirás unha cor bonita, absolutamente natural e duradeira.
Tamén pode ser que, por máis que te poñas ao sol, non consigas ese ton tostado que tanto che gusta. Para todos estes casos, os autobronceadores son a mellor alternativa.
En Mercadona encontrarás distintos produtos de autobronceado para que elixas o que mellor se adapte ás túas necesidades. Ensinámosche a utilizalos!
Selección de produtos Autobronceadores de Mercadona
Mousse autobronceador
Produto autobronceador corporal transparente. Consigue un bronceado de aspecto natural e un acabado uniforme sen necesidade de expoñerte ao sol.
A súa cómoda textura mousse permite unha rápida e fácil aplicación. Os seus activos bronceadores de orixe natural garanten un bonito ton bronceado de duración prolongada. Non mancha a roupa.
Modo de uso
- Exfolia previamente a pel e hidrata as zonas secas.
- Sobre a pel limpa e seca do corpo, aplica e estende uniformemente con movementos circulares.
- Lava as mans inmediatamente despois do seu uso.
- Espera ata a súa completa absorción antes de vestirte.
- Para lograr un resultado uniforme, evita o contacto con auga, transpirar ou o uso de calquera outro produto nas horas posteriores á súa aplicación.
- Repite a aplicación cada 4 ou 6 días segundo a tonalidade que desexes conseguir.
Toalliñas autobronceadoras
Proporcionan un bronceado natural e uniforme dunha maneira rápida e fácil. Grazas ao seu cómodo formato esténdese suavemente sobre a pel e permite distribuír o produto de maneira uniforme, asegurando un resultado rápido, fácil e homoxéneo.
No son desbotables polo WC.
Modo de uso
- Para obter un resultado óptimo, recomendamos aplicar as toalliñas sobre a pel limpa, exfoliada e seca.
- Despraza a toalliña pola superficie da pel que hai que broncear para asegurar a mesma intensidade do bronceado en todas as zonas.
- Úsaas con especial coidado e moderación preto do nacemento do cabelo e das cellas.
- Despois, lava as mans e espera uns minutos ata a súa total absorción antes de vestirte ou maquillarte.
- Utilízaas a diario ata que consigas o ton desexado, repetindo a aplicación se comeza a atenuarse.
- Non contén filtro solar, polo que é recomendable aplicar un protector solar se vas expoñer o corpo ao sol, aínda que teñas a pel bronceada por este produto.
- Evita o contacto con ollos e labios. Contén metabisulfito sódico co fin de potenciar o autobronceado.
Loción corporal bronceadora
Hidratante corporal con efecto bronceado para todo tipo de peles.
Modo de uso
- Estende a loción a diario uniformemente polo corpo e lava as mans.
- Evita o contacto coa roupa ata a súa total absorción.
- Resultados tras 3 ou 4 días de aplicación.
Guante aplicador autobronceador
Guante para aplicar autobronceadores. Axuda a evitar as manchas nas mans, típicas dos autobronceadores, e facilita a súa aplicación de forma máis cómoda e homoxénea.
Modo de uso
- 1. Debes ter a túa pel limpa e seca, previamente exfoliada e hidratada, antes da aplicación de autobronceadores.
- 2. Mete a man no guante e coloca a cantidade de autobronceador que necesites sobre a palma do guante.
- 3. Estende uniformemente sobre a zona que queres autobroncear con movementos circulares.
- 4. Lava as mans cando acabes para previr manchas.
- 5. Por último, lava á man o guante con auga tibia e déixao secar ao aire libre. É reutilizable.
Outras recomendacións
Coñeces as nosas cremas e protectores solares para gozar do sol e do verán?
Coida as túas uñas co Tratamento SOS, un sérum bifásico que dá magníficos resultados.
Se che gusta facer exercicio físico, recomendámosche os mellores alimentos para antes da súa práctica, durante e despois.