AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

O Papel Hixiénico Húmido WC Bosque Verde mellora a túa hixiene cotiá. Coñecer a diferenza entre o Papel Hixiénico Húmido e as toalliñas é fundamental para evitares atoamentos nas tubaxes.

Coñeces as diferenzas entre as toalliñas e mais o Papel Hixiénico Húmido WC?

28 de outubro de 2019

Aínda que as toalliñas se parecen moito ao Papel Hixiénico Húmido WC non son iguais. As toalliñas están desenvolvidas con fibras de orixe natural e outras sintéticas que lle achegan resistencia e suavidade. En cambio, o papel hixiénico WC está elaborado con fibras celulósicas de orixe natural que as fan menos resistentes e disgregables.

Ademais, as toalliñas non se desfán mentres que o papel hixiénico húmido WC se disgrega facilmente.

E como saber onde tirar cada un? A palabra “toalliñas” e o símbolo específico impreso no envase indícannos que o produto debe tirarse na papeleira. En cambio, o papel hixiénico húmido WC pode botarse tanto na papeleira como no inodoro. Lembra: biodegradable non é o mesmo que desbotable polo inodoro.

Características e tipos de Papel Hixiénico Húmido WC Bosque Verde

Podes encontrar o Papel Hixiénico Húmido WC de Bosque Verde en tres formatos e tamaños diferentes.

  • Envase de 100 unidades.
  • Envase de 15 unidades, máis pequeno e manexable. Este tamaño compacto está pensado para que o leves no bolso, no teu coche ou para que viaxes con el con total comodidade.
  • Pensando nos máis pequenos da casa creouse o Papel Hixiénico Húmido WC infantil Bosque Verde 100 unidades, co que garantir a súa hixiene máis completa.

O Papel Hixiénico Húmido WC Bosque Verde leva áloe e camomila. Coida a pel conseguindo unha agradable sensación de hidratación, suavidade e frescor, con agradable aroma. Na súa etiquetaxe indícase, con claridade, que é desbotable polo WC, segundo a Norma UNE 149002:2019, aínda que es ti quen decide optar por iso ou tiralo nunha papeleira.

O Papel Hixiénico Húmido WC está desenvolvido polo Provedor Totaler Ubesol na provincia de Valencia.