AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Un regalo perfecto para este Nadal é a nosa Colección Blue Shine: perfumes mediterráneos e produtos para a túa pel.

Colección Blue Shine, o concepto mediterráneo

02 de decembro de 2019

A Colección Blue Shine é unha das novidades máis atractivas da nosa sección de Perfumería para este Nadal. Inclúe unha coidada selección de perfumes propios, duradeiros e intensos, tanto para el como para ela, e produtos para o tratamento corporal co mesmo perfume. Todo iso baixo o concepto mediterráneo do brillo azul, fresco e floral, que é o que engloba e dá sentido a toda a colección.

Fíxate ben, porque esta colección pode ser o regalo perfecto para este Nadal. Integra os seguintes lotes:

  • Lote Blue Shine Ela
  • Lote Blue Shine El
  • Lote Blue Shine Body

Dentro de cada un dos lotes podemos encontrar os seguintes produtos:

Lote Blue Shine para ela

Lote Blue Shine para ella

  • Dous envases de perfume, de 15 y 100 ml.
  • Aceite corporal de 50 ml.
  • Nota olfactiva: Floral Musky Amadeirado.

Lote Blue Shine para el

Lote Blue Shine para él.

  • Dous envases de perfume, de 15 e 100 ml.
  • Un after shave de 50 ml.
  • Nota olfactiva: Afroitado Floral Amadeirado.

Lote Blue Shine Body para ela

Lote Blue Shine Body para ella.

  • Bath Soap. Xel de Ducha 250 ml.

Xel de baño ultracremoso que limpa e perfuma a túa pel. Descubre o pracer dun baño de espuma, cunha envolvente e cativadora fragrancia. A cremosidade da súa fórmula fará do baño unha experiencia única.

  • Body Sérum 250 ml.

Pon a punto a túa pel co noso Body Serum Corporal. Sinte como a súa fórmula concentrada e a súa textura lixeira hidrata e reconforta a pel do teu corpo.

  • Body Scrub. Tarro exfoliante 250 ml.

Exfoliar o corpo é o segredo para lograr unha pel radiante. Con este produto limparás e eliminarás as células mortas deixando a pel preparada para absorber o noso Body Serum. Modo de emprego: aplicar mediante unha masaxe con movementos circulares e aclarar con auga tibia.

Estes lotes son de Edición Limitada. Non quedes sen eles!

Outras recomendacións

Coñece o Segredo da nosa perfumería para este Nadal.