A Colección Blue Shine é unha das novidades máis atractivas da nosa sección de Perfumería para este Nadal. Inclúe unha coidada selección de perfumes propios, duradeiros e intensos, tanto para el como para ela, e produtos para o tratamento corporal co mesmo perfume. Todo iso baixo o concepto mediterráneo do brillo azul, fresco e floral, que é o que engloba e dá sentido a toda a colección.
Fíxate ben, porque esta colección pode ser o regalo perfecto para este Nadal. Integra os seguintes lotes:
- Lote Blue Shine Ela
- Lote Blue Shine El
- Lote Blue Shine Body
Dentro de cada un dos lotes podemos encontrar os seguintes produtos:
Lote Blue Shine para ela
- Dous envases de perfume, de 15 y 100 ml.
- Aceite corporal de 50 ml.
- Nota olfactiva: Floral Musky Amadeirado.
Lote Blue Shine para el
- Dous envases de perfume, de 15 e 100 ml.
- Un after shave de 50 ml.
- Nota olfactiva: Afroitado Floral Amadeirado.
Lote Blue Shine Body para ela
- Bath Soap. Xel de Ducha 250 ml.
Xel de baño ultracremoso que limpa e perfuma a túa pel. Descubre o pracer dun baño de espuma, cunha envolvente e cativadora fragrancia. A cremosidade da súa fórmula fará do baño unha experiencia única.
- Body Sérum 250 ml.
Pon a punto a túa pel co noso Body Serum Corporal. Sinte como a súa fórmula concentrada e a súa textura lixeira hidrata e reconforta a pel do teu corpo.
- Body Scrub. Tarro exfoliante 250 ml.
Exfoliar o corpo é o segredo para lograr unha pel radiante. Con este produto limparás e eliminarás as células mortas deixando a pel preparada para absorber o noso Body Serum. Modo de emprego: aplicar mediante unha masaxe con movementos circulares e aclarar con auga tibia.
Estes lotes son de Edición Limitada. Non quedes sen eles!