As trenzas "boxer" son unha solución de peiteado, tan divertida como cómoda. Agora poderás aprender a facelas coa nosa guía paso a paso.
Separa o cabelo en dúas partes iguais, colle tres seccións da parte de diante e comeza a trenzar incorporando os guechos que van quedando soltos. Termina as dúas trenzas "boxer" con dúas coletas ou cunha trenza ata o final.
Presume de peiteado divertido e favorecedor!
Sigue esta sinxela guía paso a paso para facer dúas trenzas “boxer”:
1. Separa a melena en dúas partes iguais.
2. Colle unha pequena sección triangular na parte dianteira e empeza a facer con ela unha trenza normal de tres cabos.
3. Continúa trenzando e vai engadindo os guechos de pelo que queden soltos a ambos os dous lados.
4. Sigue trenzando ata a caluga.
5. Para conseguir o primeiro look que propoñemos de trenzas "boxer", termina poñendo unha goma para fixar a trenza á altura da caluga e obterás o efecto dúas coletas.
6. Fixa os guechos soltos con clips.
7. Se queres conseguir outro look diferente coas trenzas, continua trenzando o cabelo ata o final para obter dúas trenzas “boxer” enteiras.
Se segues esta sinxela guía paso a paso conseguirás facer unhas preciosas trenzas "boxer". Un peiteado divertido e favorecedor que quererá levar todos os días!