Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

O Aceite de Coco 100% natural de Mercadona non pode faltar na túa cociña nin no teu kit de beleza. Descubre todos os seus beneficios.

Aceite de Coco: para o teu corpo e mais para cociñar

27 de febreiro de 2018

Un produto que se adapta a moitos usos. O Aceite de Coco de Mercadona é ideal para hidratares a túa pel e para lle dares un aspecto máis suave. Ou emprégao na cociña para fritires, temperares, preparares doces e moitas outras receitas creativas.

O Aceite de Coco como tratamento facial e corporal

O Aceite de Coco 100% natural virxe extra é un produto para a nosa pel, quer do rostro quer do resto do corpo. Pódelo usar acotío e agregalo deste xeito aos teus tratamentos habituais de beleza e coidado persoal. Con el conseguirás que a túa pel estea máis hidratada e suave, ademais de ser beneficioso tamén para o teu cabelo como a hidratante capilar e de achegar un aroma exótico moi especial.

El Aceite de Coco 100% natural de Mercadona no puede faltar en tu cocina ni en tu kit de belleza. Descubre todos sus beneficios.

Como empregalo?

Pódese usar no rostro e no corpo. No rostro cómpre masaxeares suavemente até a súa absorción.

No cabelo débelo aplicar nunha cantidade suficiente para que quede húmido. Despois cubre o cabelo cunha toalla ou gorro, de 40 a 60 minutos. Logo, lávao con xampú enxaugando con auga abundante até conseguires un completo aclarado.

Aceite 100% de Coco para as túas receitas

O Aceite de Coco emprégase cada vez máis en todo tipo de cociñas. É natural, procedente ao 100% do coco e non contén glute.

El Aceite de Coco 100% natural de Mercadona no puede faltar en tu cocina ni en tu kit de belleza. Descubre todos sus beneficios.

Como empregalo?

O Aceite de Coco virxe extra é moi versátil, polo que podes fritir e rebozar todo tipo de alimentos como peixes, carnes ou vexetais, ou engadilo aos teus guisos favoritos, aos teus asados ou ás túas pastas. Tamén se usa en salteados para o wok e nalgúns tipos de curry.

O Aceite de Coco é recomendable como tempero para saladas, ao lles proporcionar un exótico toque tropical. Pódelo amecer a cremas quentes para as fornecer dun sabor diferenciador ou usalo incluso de tempero cru en torradas para os teus almorzos ou merendas.

Por último, non esquezas os seus múltiples usos en repostería. Este aceite 100% natural de coco resiste moi ben a cocción e o enfornado, polo que será ideal para as túas receitas máis saborosas de repostería como tortas, biscoitos, galletas e moitas outras.

Outras recomendacións

Engádelles un pouco de Aceite de Coco ás Cremas Hacendado e dálles un toque moi orixinal. E descubre un mundo de sensacións na túa hixiene cotiá cos novos Xeles de Baño Deliplus.