Aprende como podes realizar un cambio de alimentación para a túa mascota. Indicacións para cans e gatos.

Cambia a alimentación da túa mascota nunha semana

07 de agosto de 2020

Con certa frecuencia pode xurdir a necesidade de facer cambios na alimentación da túa mascota, sobre todo en cans e gatos. Estes cambios poden obedecer a diferentes causas. Sabes como facelos adecuadamente?

Causas para realizar un cambio de alimentación en cans e gatos

As razóns para cambiar a alimentación do noso animal de compañía e substituíla por outro penso poden ser diversas:

  • Que queiramos variar a súa alimentación habitual para introducir máis variedade.
  • Que houbese un cambio no estado fisiolóxico do noso can ou gato:
    • Cachorro que foi destetado
    • Cachorro que pasa a ser adulto
    • Adulto que entra nunha idade avanzada: cans e gatos sénior
    • Etc.

Outra causa probable de cambio de alimentación para a nosas mascotas é que necesite algunha especialidade na súa alimentación. Existen pensos especializados para cans e gatos que cobren calquera tipo de necesidade:

  • Uso de alimentos light
  • Produtos para animais esterilizados
  • Alimentos para o control das bólas de pelo no caso dos gatos
  • Etc.

Nin os cans nin os gatos están acostumados a realizar cambios frecuentes de alimentación e a maioría deles necesitan un período de tempo para adaptarse a un novo alimento.

Por iso, cando se cambie dun penso a outro, recoméndase realizar o cambio de forma progresiva, xa que desta maneira axúdase a minimizar os problemas dixestivos, como poden ser diarreas e vómitos, e tamén os rexeitamentos do novo alimento.

Guía para facer o cambio de alimentación en cans e gatos nunha semana

Como se indica na seguinte táboa, a recomendación para un cambio de dieta en cans e gatos é reducir gradualmente o seu penso actual ao longo dunha semana, e ir engadindo o novo produto progresivamente, ata que este se converta na súa alimentación exclusiva.

Guía para facer o cambio de alimentación en cans e gatos nunha semana.

Tamén é importante seguir a guía de alimentación que se indica nos envases dos pensos, xa que nela adóitase indicar a cantidade total diaria que hai que subministrar tanto en cans como en gatos en función do seu peso corporal, idade e nivel de exercicio realizado. Estas recomendacións son moi importantes, xa que nos axudarán a non sobrealimentar o noso animal.

Debemos ter en conta que estas cantidades poden variar dependendo da raza, actividade e condicións ambientais.

Indicacións para o cambio de penso nos cans

O cambio de alimentación nos cans ten as súas propias características. Os cans adultos teñen un grande apetito e son capaces de comer dunha soa vez a cantidade diaria recomendada. Por este motivo, non é aconsellable subministrar o alimento a libre elección, xa que poderían sufrir problemas dixestivos, ademais dun aumento de peso non desexado. Así pois, unha boa forma de controlar a inxestión do teu can é darlle dúas comidas a intervalos regulares cada día, establecendo unha rutina de comidas á mesma hora.

Indicacións para o cambio de penso en gatos

En canto ao cambio de alimentación en gatos, é posible deixar o alimento a libre disposición, sempre que vexamos que o animal sabe racionalo. En caso contrario, recoméndase repartir o alimento en 3 tomas, así como establecer un horario nas comidas.

Outras recomendacións

Coñeces os Snacks de Compy para premiar o teu can?

Guía para facer o cambio de alimentación en cans e gatos nunha semana.