Mercadona Perros

Beneficios da achega de prebióticos no penso Compy para cans

05 de septembro de 2016

O intestino é o meirande órgano inmunolóxico do organismo. De feito, unha gran parte das células que participan nas defensas naturais encóntranse ao longo do tracto dixestivo. É por iso que un sistema dixestivo saudable contribúe para un sistema inmunitario reforzado.

Unha boa alimentación baseada en nutrientes de alta calidade e a presenza de prebióticos no alimento, como o que ofrece o penso Compy para cans, axuda ao bo funcionamento das defensas do organismo da túa mascota.

Prebióticos en el pienso Compy para perrosPrebióticos no penso Compy para cans

Que son os prebióticos e cales os seus beneficios?

Os prebióticos, presentes no penso Compy para cans, son compostos que axudan a estimular de xeito selectivo o crecemento ou a actividade das bacterias beneficiosas no colon, actuando como alimento para elas.

Unha das principais funcións do intestino é a absorción dos nutrientes presentes no alimento, de maneira que a presenza de prebióticos axuda a minimizar os procesos diarreicos, ao tempo que favorece a dixestión e a absorción de nutrientes, ben como o sistema inmunolóxico.

Ademais, durante a gravidez ou a lactancia da túa mascota, os prebióticos contribúen a unha protección inmunolóxica mellorada dos cadeliños, a través do calostro e o leite.

Prebióticos máis comúns

Os prebióticos máis utilizados para cans son os manano-oligosacáridos (MOS), β-glucanos e fructooligosacáridos (FOS):

  • Os β-glucanos reforzan as defensas do organismo activando as células chave do sistema inmune, actuando contra diferentes patóxenos nos primeiros momentos da infección. Todo iso tradúcese nun maior benestar intestinal e nun sistema dixestivo saudable e efectivo.
  • Os MOS capturan as bacterias patóxenas causantes de trastornos dixestivos, facilitando a súa eliminación a través das feces, o cal favorece o desenvolvemento das bacterias naturais (bifidobacterias e lactobacillus).
  • Os FOS son un tipo de fibra soluble que favorece o crecemento de bacterias beneficiosas do intestino groso (lactobacilus ou bifidobacterias), contribuíndo para a inhibición de bacterias patóxenas como Escherichia coli, Shigella ou Samonella.

Por tanto, coa incorporación de prebióticos no penso Comby para cans, axúdase a manter unha flora intestinal equilibrada, o cal virá a se traducir nun sistema dixestivo máis saudable e efectivo e, en consecuencia, nun sistema inmunolóxico máis eficiente.

Outras Recomendacións

Se queres coñecer a variedade de pensos para cans de Mercadona de que dispomos, recomendámosche leres este artigo.

Convidámoste tamén a coñecer cales son os procesos de fabricación dos pensos Compy e os controis de calidade dos pensos de Mercadona.