Melloramos a calidade e utilidade dos nosos ambientadores de variñas difusoras. Próbaos!

Variñas difusoras, a forma máis natural de ambientar o teu fogar

08 de septembro de 2021

Queres darlle á túa casa un aroma fresco e agradable? Descubre as nosas variñas difusoras, a forma máis natural de ambientar a túa casa, con diferentes fragrancias para elixir.

Perfumes intensos e duradeiros. Ademais, son ideais como elemento decorativo para calquera espazo do teu fogar: entrada da casa, cuartos de baño, salóns...

Melloras na nosa familia de ambientadores de variñas

Melloramos a calidade dos ambientadores de variñas, agora cunha maior durabilidade do perfume. Ademais, cambiamos o deseño, de plástico opaco a vidro transparente. Con isto, non só reducimos un 65 % de plástico, senón que tamén permite ver cando se termina o produto.

As variñas podémolas separar facilmente e engadir tantas como queiramos. A maior número de variñas, maior intensidade do perfume. Ademais, o seu novo deseño en vidro faino ideal para decorar calquera recuncho do fogar.

En definitiva, agora os ambientadores de variñas difusoras caracterízanse por:

  • Maior duración do perfume.
  • Novo contedor de cristal que permite comprobar cando se acaba o produto.
  • Aforro dun 65 % de plástico.
  • Deseño máis atractivo.

Catro fragrancias para elixir nos nosos ambientadores de variñas difusoras

Jasmine, con notas olfactivas a xasmín.

 Ambientador Jasmine, con notas olfativas a jazmín.

Framboesa, con notas olfactivas a framboesas.

Ambientador Frambuesa, con notas olfativas a frambuesas.

Bambú, con notas olfactivas cítricas e té verde.

Ambientador bambú, con notas olfativas cítricas y té verde.

Coñeces a nova fragrancia Froita Tropical?

Ambientador nueva fragancia de Fruta Tropical.

Se queres que a túa casa ula a verán, proba a fragrancia de Froita Tropical, a novidade da nosa familia de ambientadores.

Moi fresca e vital, con notas olfactivas a froitas tropicais, piña, flor de Tiaré. Destaca polo seu agradable aroma a froita como o coco, a piña, a flor de hibisco ou a papaia, que se asocia facilmente coa devandita estación do ano.

Modo de uso dos ambientadores en variñas difusoras

  • Desenrosca o tapón negro xirándoo no sentido contrario das agullas do reloxo.
  • Introduce tantas variñas como intensidade desexes no recipiente, en forma de abano.
  • Ao cabo dunha hora as variñas absorben o perfume e difúndeno no ambiente.

Outras recomendacións

Se o que buscas é darlle un extra de perfume á túa roupa, utiliza o noso Perfumador intensificador de fragrancia.