Descubre os usos principais do noso Vinagre de Limpeza concentrado para limpar o teu fogar.

Sabías que o vinagre de limpeza é un potente limpador multiúsos?

15 de febreiro de 2021

O vinagre de limpeza, polas súas propiedades, supón un potente limpador 100 % de orixe natural moi efectivo e cunha ampla diversidade de usos no fogar.

A continuación, repasamos algúns dos máis prácticos e con resultados inmediatos Sigue lendo!

Principais usos do noso Vinagre de Limpeza concentrado

Limpeza de cal

Limpieza de cal.

Sen dúbida, esta é unha das solucións máis útiles para eliminar restos de cal sen prexudicar a superficie de billas, duchas, azulexos, anteparos de baños, inodoros, etc. Podes rebaixar con auga este produto dependendo de onde necesites limpar os restos de cal. Queres un truco moi sinxelo para limpar a alcachofa da túa ducha? Basta con que a somerxas en auga con vinagre durante unhas horas (máis tempo ou menos en función da cantidade de sucidade acumulada) e quedará coma nova.

Abrillantador de metais

Abrillantador de metales.

O vinagre é un poderoso abrillantador. Funciona moi ben en calquera superficie sen danala, especialmente en metais como aluminio, aceiro ou prata. De feito, moitas veces basta con pasarlles un pano con vinagre, dependendo da sucidade ou restos de oxidación. Moi eficaz para limpar potas e tarteiras. Se necesitas limpar obxectos de prata, atención a este truco que as nosas avoas e bisavoas xa dominaban: somérxeos durante media hora en vinagre mesturado con dúas culleradas de bicarbonato de sodio. Despois, enxáugaos con auga morna e sécaos ben cun pano limpo e suave.

Desodorizante

Desodorizante.

Con este produto conseguirás tamén eliminar os malos olores. Por exemplo, en paredes, cociñas, friameiras de plástico, lavalouzas ou neveiras, que adoitan acumular os máis variados e molestos aromas. Queres combater os malos olores que saen da túa neveira? Proba a limpala con vinagre por dentro e por fóra ou, se necesitas maior eficacia, podes recorrer a este vello truco: introduce unha cunca ou un cunco con auga e o noso vinagre de limpeza mesturados no interior da túa neveira durante 24 horas.

Limpeza de cristais e ventás

Limpieza de cristales y ventanas.

Outro uso moi eficaz que se adoita darlle ao vinagre é o da limpeza de vidros, vaixelas e vitrocerámica, cristais e ventás. Dependendo da sucidade que acumulasen deberás diluír o vinagre en máis ou menos cantidade de auga ou aplicar directamente se se trata de cristais que nunca se limpasen. Un truco perfecto para limpar as ventás é encher un pulverizador coa mestura de vinagre e auga e pulverizar sobre os cristais. Despois, frega cun pano e seca. Tamén pode ser útil para limpar espellos, convenientemente diluído en auga.

Desengraxante

Desengrasante.

O vinagre é un potente desengraxante natural. Por iso é tan eficaz na limpeza de superficies graxentas da cociña e de electrodomésticos como lavalouzas, microondas ou fornos onde a graxa queda incrustada. Necesitas limpar e desengraxar o teu forno? Se non se trata dun forno de autolimpeza con pirólise, o mellor é usar o vinagre. Atención a este consello: pon unha pota ao lume e, cando ferva a auga, bota un vaso de vinagre e introduce a pota dentro do forno a unha temperatura de 180 ºC durante quince minutos. Despois, unha vez que arrefría, pasa un pano húmido e limpo polo seu interior. Non quedará nin rastro de graxa!

Outras recomendacións

Buscas os produtos máis eficaces para lograr una correcta limpeza e hixiene? Sigue a nosa Guía de Limpeza dentro e fóra de fogar.