O Percarbonato é unha excelente alternativa natural para potenciar a limpeza ou o branco da túa roupa e calzado, cun eficaz efecto branqueador. Un produto de limpeza tradicional elaborado con materias primas naturais, moi versátil.
Entre outras posibilidades, podes utilizalo para branquear a túa roupa e como quitamanchas, non dana os tecidos e pódese usar incluso sobre pezas de cor clara, queres probalo? Axuda a recuperar pezas que xa crías perdidas e quita as manchas máis rebeldes da túa roupa.
A continuación, contámosche todas as posibilidades de uso do Percarbonato e as súas principais características.
Características do Percarbonato sódico
- Quitamanchas natural en formato de po granulado de cor branca, un sal alcalino que se disolve con auga para o seu uso.
- Da súa disolución en auga resultan dúas substancias:
- Carbonato de sodio, un axente tensioactivo que potencia a eficacia do deterxente.
- Auga osixenada, que lle dá ese potente efecto branqueador grazas á acción do osíxeno.
- É un produto biodegradable, que non inclúe na súa composición cloro nin fosfatos.
Usos principais do Percarbonato branqueador
- Branqueador de téxtiles lavables á auga: con este produto podes conservar as túas pezas de roupa branca (camisas, toallas, almofadas…) como o primeiro día.
- Quitamanchas multiúsos: disolve manchas de comida, viño, café, sangue…
- Potenciador do deterxente ou pretratamento antes do lavado de roupa branca ou de cores claras.
- Limpeza de panos de cociña, trapos, baetas, panos da mesa, babeiros, manteis…
- Limpeza de zapatillas de lona branca: evita na medida do posible o contacto dos ollais metálicos e sigue as instrucións do fabricante para lavar tras aplicar o percarbonato.
Que beneficios achega o percarbonato para a limpeza da túa roupa?
- Poderosa acción branqueadora.
- Combate calquera clase de mancha sobre tecido, incluso as máis difíciles.
- Non dana os tecidos, conserva as súas propiedades.
- Pode utilizarse en calquera superficie do fogar. Por exemplo, na limpeza de baños sen necesidade de usar lixivia.
- É un produto totalmente natural.
Precaucións de uso
- Non o uses en tecidos delicados: la, seda, veludo, liño, coiro, pana, xute e tecidos non lavables á auga.
- Non o engadas directamente sobre botóns, cremalleiras ou partes metálicas das pezas de roupa.
- No mestures con vinagre, lixivia, desinfectantes ou outros aditivos para limpeza e hixiene téxtil.
- Outros usos á parte da limpeza téxtil: non deben contemplarse usos como limpeza de alfombras, cortinas, pulimentos de superficies metálicas, etc.).
Outras recomendacións
Coñeces o noso Deterxente hipoalerxénico perfumado? Fresco e duradeiro, con perfume a colonia e apto para peles sensibles.
Se buscas un limpador multiúsos eficaz, utiliza o noso Vinagre de limpeza, 100 % de orixe natural.
O Borrador máxico é un produto moi útil para a limpeza de manchas en diferentes superficies do teu fogar.