Características e usos principais do percarbonato sódico na limpeza de téxtiles.

Percarbonato branqueador, un quitamanchas natural

16 de xuño de 2023

O Percarbonato é unha excelente alternativa natural para potenciar a limpeza ou o branco da túa roupa e calzado, cun eficaz efecto branqueador. Un produto de limpeza tradicional elaborado con materias primas naturais, moi versátil.

Entre outras posibilidades, podes utilizalo para branquear a túa roupa e como quitamanchas, non dana os tecidos e pódese usar incluso sobre pezas de cor clara, queres probalo? Axuda a recuperar pezas que xa crías perdidas e quita as manchas máis rebeldes da túa roupa.

A continuación, contámosche todas as posibilidades de uso do Percarbonato e as súas principais características.

Características do Percarbonato sódico

  • Quitamanchas natural en formato de po granulado de cor branca, un sal alcalino que se disolve con auga para o seu uso.
  • Da súa disolución en auga resultan dúas substancias:
    • Carbonato de sodio, un axente tensioactivo que potencia a eficacia do deterxente.
    • Auga osixenada, que lle dá ese potente efecto branqueador grazas á acción do osíxeno.
  • É un produto biodegradable, que non inclúe na súa composición cloro nin fosfatos.

Usos principais do Percarbonato branqueador

  • Branqueador de téxtiles lavables á auga: con este produto podes conservar as túas pezas de roupa branca (camisas, toallas, almofadas…) como o primeiro día.

Uso de Percarbonato blanqueante en prendas para la lavadora

  • Quitamanchas multiúsos: disolve manchas de comida, viño, café, sangue…

Uso del Percarbonato blanqueante como quitamanchas multiusos

  • Potenciador do deterxente ou pretratamento antes do lavado de roupa branca ou de cores claras.
  • Limpeza de panos de cociña, trapos, baetas, panos da mesa, babeiros, manteis

Percarbonato blanqueante para limpieza de paños de cocina, trapos, bayetas, servilletas, baberos, manteles…

  • Limpeza de zapatillas de lona branca: evita na medida do posible o contacto dos ollais metálicos e sigue as instrucións do fabricante para lavar tras aplicar o percarbonato.

Uso de Percarbonato blanqueante para limpieza de zapatillas de lona blanca

Que beneficios achega o percarbonato para a limpeza da túa roupa?

  • Poderosa acción branqueadora.
  • Combate calquera clase de mancha sobre tecido, incluso as máis difíciles.
  • Non dana os tecidos, conserva as súas propiedades.
  • Pode utilizarse en calquera superficie do fogar. Por exemplo, na limpeza de baños sen necesidade de usar lixivia.
  • É un produto totalmente natural.

Precaucións de uso

  • Non o uses en tecidos delicados: la, seda, veludo, liño, coiro, pana, xute e tecidos non lavables á auga.
  • Non o engadas directamente sobre botóns, cremalleiras ou partes metálicas das pezas de roupa.
  • No mestures con vinagre, lixivia, desinfectantes ou outros aditivos para limpeza e hixiene téxtil.
  • Outros usos á parte da limpeza téxtil: non deben contemplarse usos como limpeza de alfombras, cortinas, pulimentos de superficies metálicas, etc.).

Outras recomendacións

Coñeces o noso Deterxente hipoalerxénico perfumado? Fresco e duradeiro, con perfume a colonia e apto para peles sensibles.

Se buscas un limpador multiúsos eficaz, utiliza o noso Vinagre de limpeza, 100 % de orixe natural.

O Borrador máxico é un produto moi útil para a limpeza de manchas en diferentes superficies do teu fogar.