Limpa e desinfecta o teu fogar comodamente coas Pastillas Desinfectantes Multiusos de Mercadona. Substitúen a lixivia.

Pastillas Desinfectantes Multiusos

28 de septembro de 2017

As Pastillas Desinfectantes Multiusos de Mercadona son as aliadas perfectas para a limpeza e a desinfección de toda a casa: son cómodas de usar e de transportar coa mesma eficacia que a lixivia.

As Pastillas Desinfectantes Multiusos de Mercadona teñen unha innovadora fórmula que substitúe a lixivia e permite obter unha limpeza e desinfección dun xeito moi cómodo evitando as salpicaduras propias da lixivia.

Limpa e desinfecta comodamente

As Pastillas Desinfectantes Multiusos de Mercadona son unha doada e cómoda forma de limpar e desinfectar coa eficacia da lixivia, evitando as súas salpicaduras. Cada bote contén 48 pastillas e equivale a 6 litros de lixivia. Non ocupa espazo e non pesa. Para alén de ter un tapón de seguridade para as crianzas.

Onde usar as Pastillas Desinfectantes Multiusos

  • Baño
  • Cociña
  • Chan
  • Azulexos
  • Lavadora con roupa branca

As Pastillas Desinfectantes Multiusos son unha demostración máis da aposta de Mercadona polos produtos españois, xa que están fabricadas pola compañía Orache Desinfección SL, cuxas instalacións se encontran en Sabiñánigo (Huesca).

Realiza unha limpeza e desinfección eficaz coas Pastillas Desinfectantes Multiusos de Mercadona e evita as salpicaduras da lixivia. Dispoñibles na túa tenda Mercadona!

Outras recomendacións

Tamén dispós do Limpafogar Multiusos Bosque Verde de Mercadona, cun agradable perfume a piñeiro e rápido secado.