Non tes tempo pero encántache ter a túa casa sempre limpa? No che gusta investir tempo na limpeza do fogar e buscas algo que desinfecte en profundidade de forma rápida e sinxela? Entón tes que probar o noso Multiúsos con lixivia desinfectante en envase pulverizador.
Un produto especialmente pensado para asegurar a total limpeza e desinfección, de forma rápida e profunda, tanto de diferentes superficies da casa como das manchas na túa roupa branca. Próbao!
Características do noso Multiúsos con lixivia desinfectante
Este produto destaca polas seguintes características:
- Limpeza e desinfección en profundidade.
- Rapidez.
- Chega a todos os recunchos e superficies máis difíciles grazas ao seu envase en forma de pistola.
- En escuma, polo que non salpica nin gotea.
- Garante a limpeza en diferentes superficies da cociña e do baño e en manchas difíciles da roupa branca.
Que superficies podes limpar con este produto?
Co produto Multiúsos con lixivia en escuma podes limpar multitude de obxectos e estancias do fogar e superficies como granito, mármore, material aglomerado e cristal. Tamén podes aplicalo directamente na roupa branca ou para desinfectar trapos e baetas.
Modo de emprego
A pulverización en escuma do Multiúsos con lixivia desinfectante non produce salpicaduras ni goteos, e facilita o acceso aos recunchos máis complicados.
- Para as superficies do fogar (cociña, baños, etc.)
- Pulveriza o produto na superficie que se vai limpar e aclara cunha baeta húmida.
- No caso de sucidade máis difícil, deixar actuar o produto durante dous minutos e, a continuación, aclarar.
- Tamén é eficaz para branquear as manchas de humidade das xuntas.
- Para a roupa branca
- Pulveriza directamente sobre a mancha.
- En caso de manchas difíciles, deixa actuar durante dous minutos e despois procede a lavar como de costume.
- Importante: o produto contén lixivia, polo que só se pode utilizar na roupa branca.
Recomendacións
- Para a limpeza de xuntas de azulexos
- Nestes pequenos recunchos entre baldosas e azulexos acumúlase sucidade de forma inevitable.
- Para eliminala hai que limpar as xuntas pulverizando con este produto e fregando cun cepillo.
- Para limpar as manchas de mofo
- A humidade e os diferentes produtos que utilizamos poden provocar a aparición de mofo na nosa ducha.
- Pódese eliminar pulverizando o produto sobre a superficie que hai que limpar.
- Deixar actuar uns quince minutos e aclarar.
- Para a limpeza de baetas
- Para a correcta limpeza e desinfección da baeta aconsellámosche seguir os seguintes pasos unha vez á semana:
- Enche un pouco a pía da cociña con auga temperada.
- Pulveriza unha boa cantidade de produto sobre a baeta que hai que limpar (catro ou cinco pulverizacións).
- Introduce a baeta na pía e déixaa en remollo ao redor de media hora.
- Enxaugar a baeta.
Advertencias
- Para as superficies do fogar
- Non utilizar este produto sobre superficies de cuarzo.
- No utilizar en aluminio nin en superficies quentes.
- É aconsellable realizar unha proba previa do produto nunha zona non visible.
- Para o téxtil
- Non utilizar este produto sobre la, seda, alfombras, papeis/superficies pintadas ou pezas de cor.
- En caso de brancos ou cores resistentes, é preciso verificar a resistencia da cor aplicando o produto diluído nunha parte non visible da peza.
Outras recomendacións
Ensinámosche a limpar a túa lavadora!