Aprender a limpar a túa lavadora é necesario, porque sen dúbida é un dos electrodomésticos estrela en calquera fogar e necesita estar sempre dispoñible en óptimo estado.
Manter unha limpeza adecuada e regular da túa lavadora por dentro, utilizando produtos específicos, é fundamental para garantir o bo funcionamento do electrodoméstico e que a túa roupa saia impecable.
Guía para limpar a túa lavadora paso a paso
A continuación explicámosche como limpar a túa lavadora nuns sinxelos pasos:
- Verter un pouco produto nunha baeta húmida.
- Limpar os restos de deterxente da goma do tambor.
- Sacar o compartimento para o deterxente.
- Limpalo debaixo da billa cun pouco produto.
- Colocar unha baeta absorbente debaixo do filtro e desmontalo.
- Retirar os restos de sucidade do compartimento e limpar o filtro debaixo da billa con auga quente.
- Volvelo montar.
- Colocar tres pastillas antical no interior do tambor.
- Verter o resto do produto no compartimento para o deterxente.
- Coa lavadora baleira poñer un ciclo a 60 ºC.
Consello: Se despois da limpeza perdura o mal olor, realizar un segundo lavado.
- Tras o programa, repasar cunha baeta húmida a goma e a porta.
- Recomendamos esta limpeza unha vez ao mes se se usa a máquina a diario.
Outras recomendacións
Sabes como limpar o teu lavalouza correctamente?
Sabes como usar os Limpadores Antical Bosque Verde para eliminar residuos de cal?