Usas a frixideira de aire na túa cociña? Converteuse nun electrodoméstico innovador que permite gozar de sabores deliciosos e texturas crocantes sen consumir excesivas cantidades de aceite. Coa frixideira de aire a túa cociña pode ser máis saudable e sinxela.
Non obstante, a correcta limpeza deste electrodoméstico é esencial para mantelo en óptimas condicións e garantir o mellor rendemento. Sabes como facelo? É moi fácil! Guiámosche paso a paso cos trucos e consellos máis eficaces para limpar a túa frixideira de aire.
Guía paso a paso para limpar a túa frixideira de aire
Antes de nada, asegúrate de que a túa frixideira de aire está desconectada da luz.
Como limpar a bandexa extraíble da túa frixideira de aire
1. Saca a bandexa extraíble e quita a reixa.
2. Pulveriza ambas as pezas co quitagraxas limón.
3. Frega co estropallo delicado humedecido. Se a sucidade é persistente, podemos deixar actuar o produto uns segundos.
4. Enxauga con auga abundante.
5. Seca ben con papel absorbente.
Limpeza interior e exterior do electrodoméstico
1. Humedece a baeta e pulveriza o desengraxante sobre esta.
3. Pasa por todas as zonas, na resistencia (ou reixa superior) podemos incidir máis cun estropallo delicado se fai falta.
4. Limpa cunha baeta húmida para retirar moi ben o desengraxante.
5. Seca ben todo o interior (paredes e resistencia) con papel absorbente.
Precaucións
- Asegúrate de que a frixideira de aire estea desconectada.
- Non xires o aparato para limpar a resistencia, manteno sempre na súa posición habitual.
- Asegúrate de retirar ben o produto de limpeza e que a resistencia queda seca.
- Utiliza guantes aptos para o produto de limpeza.
- Sigue as recomendacións do fabricante da túa frixideira de aire.
Outras recomendacións
Aprende a cociñar os nosos peixes rebozados coa túa frixideira de aire, dende pescada empanada ata lagostinos rebozados.
Axudámosche a coidar a túa alimentación cunha boa selección de grupos de alimentos e as cantidades adecuadas de cada un deles.
O noso Quitagraxas sen escuma con perfume limón é eficaz en calquera superficie.