Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Mima os teus tecidos máis preciados co ambientador para tecidos Bosque Verde. Conseguirás darlles unha fragrancia suave, agradable e duradeira aos teus sofás, sabas, edredóns, cortinas e demais elementos do fogar.

Ambientador de tecidos Bosque Verde

06 de marzo de 2018

Todos os teus tecidos manteranse cunha fragrancia agradable e fresca se lles aplicas regularmente o ambientador para tecidos Bosque Verde. É axeitado para o teu fogar: sofá, cortinas, tapicerías, así como para todo tipo de prendas de roupa, sabas ou toallas.

Un toque floral para o teu fogar

Consigue que o teu fogar e os teus tecidos favoritos se manteñan nas mellores condicións co uso habitual do ambientador para tecidos Bosque Verde. Será o teu grande aliado á hora de manter todo tipo de telas, toallas, sabas ou mantas cun aroma fresco de rosas realmente agradable.

Un ambientador para as túas chaquetas e abrigos

O ambientador para tecidos Bosque Verde tamén se pode aplicar na túa roupa cotiá como chaquetas ou abrigos para lle dares un toque especial. A súa fragrancia lembra un elegante bouquet de rosas e consegue eliminar os malos cheiros que poden quedar prendidos na roupa durante a xornada habitual.

Propiedades do ambientador para tecidos Bosque Verde

O ambientador para tecidos Bosque Verde poderalo encontrar nunha botella de 400 mililitros, á que se lle incorpora unha práctica pistola para conseguires unha ergonómica e cómoda pulverización. A súa difusión non inclúe gas propelente, polo que é respectuosa co medio ambiente. A botella é, ademais, totalmente reciclable. A súa fragrancia é de longa duración, polo que resulta ideal quer para tecidos de todo tipo quer para a túa roupa cotiá.

Como aplicalo

A forma máis correcta de aplicar este ambientador é mantendo unha distancia de uns 30 cm coa superficie que teñamos que pulverizar. Cómpre presionares o gatillo unhas tres veces para liberar a fragrancia axeitada. Se a superficie a tratar é delicada, como pode ser ante, coiro, vinilo, seda ou pel, convén pulverizar nunha zona non visible a modo de proba.

Outras recomendacións

Coida tamén da túa lavadora e, por tanto, da túa roupa e dos teus tecidos, co limpa lavadoras Bosque Verde. A vasoira multiusos Bosque Verde conseguirá, ademais, que os teus chans se manteñan en perfectas condicións.