Presentámosche a nosa variedade de Xeados de pau, os máis refrescantes e divertidos para este verán.

Xeados de pau, dende os máis clásicos aos máis sorprendentes

10 de xuño de 2024

Os nosos clásicos Xeados de pau propóñenche un universo de sabores.

Dende os máis tradicionais que evocan entrañables recordos da infancia ata creacións máis innovadoras, os nosos Xeados de pau cativan a persoas de todas as idades.

Prepárate para saborear a diversión en cada bocado!

Xeados de pau minis

Helados de palo, desde los más clásicos a los más sorprendentes.

  • Mini variado: a mellor elección para os amantes da variedade, co tamaño perfecto. Con crema de vainilla e con diferentes coberturas: chocolate con leite, chocolate branco, amendoado e chocolate negro. Caixa de 12 unidades.
  • Mini chocolate: este é o minixeado ideal para que os apaixonados do chocolate teñan o seu momento doce. Encántalles a súa textura suave e cremosa, a súa salsa e o seu intenso sabor da cobertura. Caixa de 8 unidades.
  • Mini Bombón biscuit: xeado con galleta acaramelada. Sabor intenso e textura crocante, cunha salsa interior de galleta especiada e acaramelada que te sorprenderá. Caixa de 8 unidades.
  • Mini Bombón sen azucres engadidos: xeado sabor a vainilla con edulcorantes e diferentes coberturas (chocolate, chocolate con leite e amendoado). Caixa de 8 unidades.
  • Xeados mini de pistacho e mini triplo chocolate: unha experiencia cremosa e tentadora para os amantes do pistacho e do chocolate que deleitará os teus sentidos. Con cobertura de chocolate e anacardios tostados e picados. Ademais é 100 % vexetal. Caixas de 4 unidades.
  • Mini Bombón amendoado: xeado sabor a vainilla con cobertura de chocolate con leite e amendoado. O equilibrio perfecto entre o doce e o crocante, perfecto para os teus caprichos doces estivais. Caixa de 8 unidades.
  • Mini Nocciola: xeado con crema de cacao e abelá, suave e cremoso. O seu tamaño é ideal para gozar dun bocado delicioso. Caixa de 8 unidades.
  • Mini Boom: xeado sabor leite tostado, con cobertura branda de pasta de abelá e galleta en anacos. Non a perdas! Caixa de 8 unidades.
  • Mini galletas cacao: xeado sabor a vainilla, unha combinación de xeado cremoso recuberto con galleta para refrescarte nas horas máis calorosas. Caixa de 8 unidades.

Xeados de Pau xeo

Helados de palo, desde los más clásicos a los más sorprendentes.

  • Manga: xeado de sorbete con manga. Proba a dozura tropical xeada, a nosa opción máis exótica en xeados de xeo. Caixa de 10 unidades.
  • Laranxa: xeado de sorbete con laranxa. Combate a calor coa súa frescura e goza do sabor máis cítrico do verán. Caixa de 10 unidades.
  • Limón: xeado de sorbete con limón. Esperta os teus sentidos coa acidez deste xeado de pau. Inconfundible sabor cítrico. Caixa de 10 unidades.
  • Amorodo: xeado de sorbete con amorodos. Seguimos con sabores clásicos, déixate seducir pola súa frescura e polo seu aroma. Caixa de 10 unidades.
  • Minixeados: variedade de sabores, amorodo, mazá, laranxa, mandarina e lima-limón e con divertida forma de foguete. Especialmente para os máis pequenos e ideais para compartir! 3 bolsiñas de 6 unidades.

Xeados de pau

Helados de palo, desde los más clásicos a los más sorprendentes.

  • Bombón branco: xeado sabor vainilla con chocolate branco. Proba a súa textura suave e cremosa neses momentos especiais que ten o verán. Caixa de 6 unidades.
  • Bombón negro: xeado sabor a nata, con cobertura de chocolate. Intenso e tentador, satisfará os teus desexos de chocolate. Caixa de 6 unidades.
  • Amendoado: xeado sabor a vainilla con cobertura de chocolate con leite e améndoa. Unha combinación gañadora de textura crocante irresistible, que combina con acerto as améndoas tostadas coa suavidade do sabor a vainilla. Caixa de 6 unidades.
  • Crocan Choc Vainilla con lingua sabor chocolate: xeado sabor vainilla con recheo ao cacao, recubrimento con sabor a chocolate e anaquiños de améndoas. Toda unha experiencia doce para vivila no verán! Caixa de 6 unidades.

Outras recomendacións

Poñemos á túa disposición unha ampla variedade de Xeados para que te refresques este verán.

Gústanche os Refrescos con gas? Distintas opcións en colas, sabores laranxa, limón e lima-limón.

Para os teus momentos de relax, ampla selección de Gomas de mascar de diferentes sabores.