Imagen Cabecera tortilla de patatas

Tortillas de patacas de Mercadona

27 de agosto de 2020

En calquera momento do ano, sempre apetece unha tortilla de pataca, sobre todo cando hai excursións e plans para desfrutar do bo tempo ao aire libre. É un alimento moi popular, saboroso e fácil de comer que gusta a pequenos e maiores.

As razón do seu éxito son moitas. E é que este delicioso prato é perfecto para calquera momento, xa se trate do almorzo, comida ou cea. Pode ser consumida tanto en pincho, como en bocadillo ou en prato. Ademáis, é ideal para compartir.

Prefires a tortilla de pataca con ou sen cebola?

Este é todo un dilema, porque con cebola ou sen cebola está riquísima e ambas as variedades espertan paixóns entre as persoas amantes das tortillas. Por esa mesma razón preferimos que sexan os nosos clientes os que elixan. Escoller unha ou outra é só cuestión de gustos.

Estas son as tortillas que podes atopar en Mercadona, sempre co seu sabor tradicional:

Texto 1 Imagen Tortilla de Patatas

  • Tortilla fresca de pataca con aceite de oliva: a clásica tortilla española, elaborada con ovo pasteurizado, patacas e aceite de oliva virxe. Ten un sabor suave e exquisito.

Texto 2 Imagen Tortilla de Patatas

  • Tortilla fresca de pataca e cebola con aceite de oliva: esta opción engade ao sabor suave da tortilla de pataca clásica o sabor da cebola frita, dándolle un toque especial.

Podes atopar ambos tipos de tortilla nun formato de 600 gramos. Son aptas para celíacos, xa que non conteñen glute.

Modo de preparación, quentar e servir!

Respecto á preparación, trátase dun produto listo para consumir, polo que soamente tes que abrir o envase, quentar ao teu gusto e servir. Non obstante, podemos darche algúns consellos á hora de quentala:

  • Microondas: perfora o envase e quenta a 800 w de potencia durante 4 minutos (se a prefieres máis zumarenta) ou 7 minutos (se che gusta máis callada).
  • Tixola: engade unha cullerada sopeira de aceite oliva virxe e quenta a tortilla a lume medio durante 4 minutos por cada lado.

Outras recomendacións

Acompaña a túa tortilla de pataca, con ou sen cebola, cunha bebida refrescante Cider Wild Panther.