Aniversario do teu pequeno ou pequena á vista? Coas nosas tortas infantís de aniversario o éxito está garantido. En primeiro lugar, están deliciosas. E o mellor de todo, son superdivertidas! Porque están decoradas cos debuxos que máis lles gustan.
Temos dúas opcións de debuxo e tamaño, para axustarnos aos gustos do teu pequeno ou pequena e ás túas necesidades.
Repetímolo: están deliciosas. Compostas por varias capas dun esponxoso biscoito con trufa reposteira e cunha capa de chocolate cremoso. Ademais, na parte superior, xusto debaixo da imaxe dos debuxos, encontrarás outra capa máis suave de crema de cacao e leite. Nos laterais da torta, para darlle máis estilo, hai pequenas labras de chocolate, a xogo co debuxo da oblea.
Dous tipos de tortas infantís de aniversario
Bota unha ollada aos dous tipos de torta que che ofrecemos.
Para os máis pequenos propoñémosche unha torta con debuxos da Patrulla canina, os adorables cachorros aventureiros que tanto lles gustan. É unha torta grande, pesa 1.400 gramos e admite ata 20 racións! Perfecta para grandes celebracións e festas con moitos invitados.
Para os que son algo máis maiores, temos a torta máis fantástica, cos superheroes máis valentes da Liga da Xustiza: Batman, Superman, Muller Marabilla, Flash… Esta torta pesa 635 gramos e podes servir ata 8 racións. Así que está indicada para festas con menos invitados que a anterior.
Unha idea: as nosas tortas poden inspirarte para facer unha festa de aniversario temática ou incluír algún detalle sorprendente que lles guste aos cativos. Que se che ocorre?
Modo de desconxelación e mantemento
Recorda que estas tortas están conxeladas e deben manterse a unha temperatura de -18 ºC.
Para desconxelalas, recomendámosche deixalas na neveira (de 2 a 6 ºC) durante 8 horas ou telas 4 horas e 15 minutos a temperatura ambiente.
Despois de desconxelar, hai que conservalas un máximo de 72 horas na neveira (de 2 a 6 ºC). Asegúrate de manter a cadea do frío, non volvas conxelar unha vez desconxeladas.
Outras recomendacións
Descubre unha rica variedade de Tortas de Mercadona coas que tamén podes celebrar as ocasións máis especiais.
Non perdas os nosos Xeados para este verán e a súa ampla variedade de sabores e tamaños.
Dispoñemos dunha ampla selección de Bebidas refrescantes para as túas merendas.