Descubre os nosos Popitos Flash, xeados en formato flash para refrescarte este verán.

Popitos Flash de Mercadona

10 de xuño de 2020

Xa chega o verán! Refréscate da maneira máis divertida cos nosos Popitos Flash. Nada mellor que estes flashes tan especiais, moi frescos e fáciles de consumir.

Popitos Flash en calquera momento do día

Se coñeces os nosos Popitos Flash, saberás que se presentan en 5 deliciosos sabores, para que elixas o que máis che gusta e os compartas con familiares ou amigos:

  • Amorodo
  • Limón
  • Laranxa
  • Cola
  • Lima-Limón

Sabores clásicos para combater a calor, listos para consumir en calquera momento do día. Dáte un alegre capricho de verán entre horas e refréscate.

Ademais, podes tomalos de dúas formas diferentes: frescos, en estado líquido, ou conxelados. Se prefires consumilos conxelados, recomendámosche metelos no conxelador 3 o 4 horas antes do seu consumo, preferentemente soltos. Para tomalos frescos bastará con telos na neveira ata que alcancen a temperatura desexada.

Novidades noso nosos Popitos Flash

Descubre as novidades que incorporan os nosos Popitos Flash. Manteñen os mesmos e irresistibles sabores, como non!, pero a partir de agora:

  • Os flashes son máis estreitos e máis sinxelos de consumir, próbaos!
  • Máis unidades por bolsa! Cada bolsa leva 15 flashes (3 flashes de cada sabor) en lugar dos 10 que incluía antes.

Ademais, non conteñen glute nin lactosa.

Outras recomendacións

Se che apetece probar outro tipo de xeado, recomendámosche a Terrina de Xeado Polvito, con sabor a galleta, merengue e doce de leite.