Masa Fresca de Hojaldre con Mantequilla Refrigerada de Mercadona

MASA FRESCA DE FOLLADO CON MANTEIGA REFRIXERADA DE MERCADONA

07 de febreiro de 2017

Goza ao preparares as receitas máis saborosas coas Masas Frescas de Follado con Manteiga de Mercadona, elaborada só coas mellores fariñas procedentes do corazón do trigo e con manteiga 100%.

Coa nosa Masa Fresca de Follado con Manteiga, lista para enfornar, conseguirás unha textura crocante da masa e moi saborosa. Fai gala dun resultado perfecto.

Masa Fresca de Follado con Manteiga de Mercadona

Unha riquísima Masa de Follado, crocante e lixeira, ideal para preparares todo tipo de receitas: palmeiriñas, trenzas, volováns, croissants...

A Masa Fresca de Follado está elaborada só coas mellores fariñas procedentes do corazón do trigo, finamente laminada e cortada en forma rectangular, preparada para enfornar.

Paso a paso para a túa pastelería:

  1. Previamente prepara os recheos ou contidos, se é que vas elaborar produtos que os conteñan.
  2. Espalla un pouco de fariña na zona do mesado ou no recipiente onde vaias traballar.
  3. Estende o rolo da masa fresca sobre a fariña.
  4. Dálle formas: triángulos (para os croissants), círculos (para os volováns), rectángulos (para trenzas), rolos (para palmeriñas), etc.
  5. Pica a masa cun garfo para evitar que suba en exceso.
  6. Se a masa vai rechea, coloca unha segunda capa enriba do recheo e sela con ovo batido, a seguir enforna; se non vai rechea, sela con ovo batido e mete no forno até que quede dourada.

Coa Masa de Follado con Manteiga conseguirás potenciar moito máis o sabor das túas receitas doces e, ao mesmo tempo, que sexan máis lixeiras e crocantes.

Uns consellos! Se notares as masas brandas, méteas na neveira até arrefriaren para as poderes traballar ben, e lembra picar as masas previamente para evitar que suban.

Outras Recomendacións:

Recomendámosche Delicias de Polo, saborosas, crocantes e moi sinxelas de preparar.

Tamén podes encontrar novos Fideos Orientais de Polo Yum Yum, listos en tan só 3 minutos.