Sabes utilizar o novo paquete “invisible” de Radler e Shandy? Unha grande innovación do mercado que elimina a maioría do plástico que se utilizaba no paquete anterior. Un novo sistema cunha cinta a xeito de asa e cuns puntos de silicona que manteñen unidas as botellas.
O uso é un pouco distinto ao antigo. Por iso, para que te familiarices co novo paquete, preparamos este breve vídeo que explica como funciona. É moi fácil!
Modo de uso dos novos paquetes Radler e Shandy
Para utilizar correctamente este paquete, debes seguir tres sinxelos pasos:
- Tirar da cinta cara á arriba.
- Separar as botellas de 3 e 3.
- Xirar cada botella para separala do resto.
Que vantaxes ten este novo sistema de paquete?
- Maior comodidade.
- Grande innovación no mercado, pioneiro en España.
- Alta redución de plástico: redúcese en máis dun 90 % o uso de plástico, xa que antes os paquetes destas marcas ían envoltos totalmente por un filme de plástico.
- Ademais, a silicona que utiliza o novo paquete non é tóxica e é moi fácil de retirar, para evitar accidentes cos máis pequenos.
Outras recomendacións
Suxerímosche un aperitivo orixinal: Cervexa Falke 0,0 tostada coas nosas novas patacas de sabores.